Despois de discutilo Bouzada e mais eu chegamos a esta proposta crossword - grid - clue
encrucillado - gradicela - definición Desbotamos grella, cruzado, cuadrilátero, cuadrícula, debuxo, diagrama, Resulta rechamante que ata hoxe non haxa unha palabra especializada con este valor. O dicionario RAG permite chamarlle ao debuxo dos cadros do xogo tamén "encrucillado" pero resulta totalmente impreciso para manexar un software de creación de encrucillados como o genxword. Pódese aceptar como sinónimo hiperónimo pero... "un encrucillado consta de dous elementos: cadros asociados en forma de liñas cruzadas que forman unha figura de encrucillado"? Por certo, este tipo de precisións deberían estar na definición da palabra "encrucillado" pero o que nos atopamos é que a definición do DRAG está "fortemente inspirada" na do DRAE (ou ao revés pero non creo) e como o orixinal non o fai, a RAG tampouco. Gradicela, trátase dunha palabra enxebre que se fai sinónima de malla, que está decaendo no seu uso e que resulta perfecta para a súa recuperación (reixa, enreixado, gradicela): un encrucillado é un xogo de palabras que consiste en encher coas súas letras unha gradicela que combina as palabras adecuadas suxeridas polas súas definicións cruzándoas de modo preciso no debuxo que forma a gradicela. De feito, resultaría tamén moi recomendable para todas as traducións do «grid» inglés en programas de deseño ou debuxo. Na nosa opinión debería dárselle prioridade antes que usar «grade» Definición non ten problema ningún e ademais xa se utiliza amplamente neste contexto. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

