Traducín parte dos "locales de sistema" da glibc2; agora dá as datas en galego X-))
$ date Lun Xul 19 21:52:58 CEST 1999 $ date +"Son as %H:%M:%S %z (%Z) do %A, %d de %B de %Y" Son as 21:51:12 +0200 (CEST) do Luns, 19 de Xullo de 1999 Ben, agora fai falla que alguén traduza a glibc -- mellor que sexa a 2.1, porque é a que a partires de agora se vai usar... Heino facer eu mesmo, así que xa non contedes con que faga as fileutils... (Ainda non as comecei, porque estou na aldea, sen CD-ROM de fontes de Debian :-))). Tamén, por suposto, revisarei estes "locales" cando teña nas miñas mans o código fonte da glibc2.1, que, agora que o penso... non o teño en CD-ROM... :-m Vaia, tocarame conexión longa... :-( Inclúo o código "fonte" do gl_ES (este non vai en formato POT, senón en formato localedef; para compilalo tedes que te-lo programa localedef instalado, o ficheiro de "charset" ISO-8859-1, que ven incluido (alomenos na glibc2) no directorio localedata/charmaps do código fonte da glibc-2.0.7t, e o ficheiro de locales "en_DK", ao que hai unha referencia. Compílase da seguinte forma: $ mkdir cousa $ localedef -i gl_ES -f ISO-8859-1 cousa E isto crea no directorio 'cousa' todo o conxunto de ficheiros que deberedes copiar dentro do directorio /usr/share/locale/gl_ES: $ ls -lR /usr/share/locale/gl_ES/ total 46 -rw-r--r-- 1 root root 29970 Xul 19 21:46 LC_COLLATE -rw-r--r-- 1 root root 10428 Xul 19 21:46 LC_CTYPE drwxr-xr-x 2 root root 1024 Out 17 1998 LC_MESSAGES/ -rw-r--r-- 1 root root 95 Xul 19 21:46 LC_MONETARY -rw-r--r-- 1 root root 26 Xul 19 21:46 LC_NUMERIC -rw-r--r-- 1 root root 488 Xul 19 21:46 LC_TIME /usr/share/locale/gl_ES/LC_MESSAGES: total 1 -rw-r--r-- 1 root root 42 Xul 19 21:46 SYS_LC_MESSAGES Xa podedes facer "date" X-))))) Como son bo, inclúo os binarios xa compilados, para que os copiedes vós mesmos; OLLO, se usades glibc2.1 poden non ser compatibles :-? Dicídeme que tal van, e xa lle botarei unha revisión cando teña a glibc2.1 en código fonte nas miñas mans... Hasta luego: Tarrío Fidonet: 2:348/102.11 (Compostela)
locales-gl_ES.tar.bz2
Description: locales-gl_ES.tar.bz2 -- Locales Compilados
gl_ES.bz2
Description: gl_ES.bz2 -- Codigo Fuente