Ola,

        Xa que ninguén fai ningún tipo de crítica á páxina web, hai que
recurrir á autocrítica/realimentación. :-þ

        Ben... cun pouco de sorte (e despois de varios días mareando a
Jacobo O:D) xa están rematadas as páxinas de GNOME e de KDE.  Máis bonitas,
e sobre todo máis útiles.

        E digo máis útiles porque agora están automatizadas, e tódalas
noites actualiza as traduccións cos últimos ficheiros .pot de cada proxecto
(si, Fran, si, xa podes baixar cando queiras a traducción do gimp para
actualizala) :)))

        En canto o de KDE... Xa está formado o grupo oficial, e xa están os
primeiros ficheiros subidos.  Tiven que traducir eu uns poucos paquetes de
kdebase, polo menos para ter unha base para KDE2 (que teoricamente sae un
día destes)  Xa lle dixen a Alejandro que debestes empezar por kdebase en
vez de por kdeadmin, pero dá o mesmo, o caso é que se vaian traducindo
cousas. :)

        E creo que máis nada... aproveito para insistir en que podedes
criticar/suxerir todo o que queirades sobre a páxina, que non hai listas
negras, nin hai "pois faino ti", nin nada polo estilo. :DDD

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a