Ola rapaces, xa que estamos a 2 meses de que saia a nova versión de Ubuntu coido que hai que sentar as bases de como imos comprobar as betas de Ubuntu Maverick e sucesivas versións
Estiven estudando as formas de facelo e logo lembrei algún scriptinho que teño por aí que pódenos axudar nestas tarefas de informe de erros. Polo que aquí vai a miña proposta de procedemento de remisión de erros. Remisión de erros ao Galician Ubuntu Translators. ''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''' 0.- Actualización do sistema Xa que son betas pode ser que non teñamos a última versión do sistema instalada polo que procederemos a actualizalo desde unha terminal: sudo aptitude update; sudo aptitude upgrade; sudo aptitude dist-upgrade 1.- Detección do erro e recolleita de información Unha vez detectado o Erro ou cadea sen traducir no Ubuntu comezaremos a busca de información do mesmo, isto é, saber en que paquetes está o erro, contexto do mesmo e demais. 1.1.- Paquete(s) afectados polo erro A forma máis sinxela de comprobar onde está un erro é empregando o meu programa «lase». Este programa busca no sistema cadeas orixinais e traducidas e abre a páxina de launchpad correspondente para dito paquete. Para a súa instalación procederemos como segue desde unha Terminal (Aplicativos->Accesorios->Terminal): sudo add-apt-repository ppa:frandieguez/mabishu sudo aptitude update; sudo aptitude install lase Unha vez instalado podemos usalo da seguinte forma (desde unha terminal): lase "Cadea con erro ou non está traducida" Isto abriranos o noso navegador favorito coa busca do erro en Laucnhpad. 1.2- Información do sistema. Cómpre recoller información como: - hora do sistema: orde «date» - versión do sistema: orde «lsb_release -a» 2.- Informar do erro ao Grupo de localización Enviar un correo electrónico a esta rolda de distribución (ubuntu-gl-l...@ubuntu.com) seguindo un modelo semellante ao seguinte: ---------------------------------------------------------------------- Asunto: [L10N-BUG] Erro de tradución no paquete «nome do paquete» Corpo da mensaxe: Encontrei un erro na versión de Ubuntu PEGAR AQUÍ O QUE NOS ESCRIBA A ORDE «lsb_release -d» neste intre son as PEGAR AQUÍ O QUE NOS ESCRIBA A ORDE «date» segundo podedes ver na seguinte ligazón de launchpad. PEGAR AQUÍ TODAS AS LIGAZÓNS ABERTAS EN FIREFOX POLA ORDE «lase» [...] ENGADE AQUÍ UNHA DESCRICIÓN DO ERRO PARA QUE TODOS O POIDAN ENTENDER, NON É NECESARIA SE É UN ERRO MOI EVIDENTE. Saúdos ---------------------------------------------------------------------- E con isto coido que todos poderemos corrixir mellor os erros de localización sen ter que recurrir a apertura de bugs en launchpad. Por suposto este procedemento está suxeito a modificacións e melloras. Por favor, enviade suxestións a esta rolda e se procede podemos marcalo como un procedemento estándar dentro do grupo e escribilo na wiki do grupo. Saúdos a t...@s _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto