> Perdoa antes de nada pola tardanza en contestar, é que andiven moi liado e
> pensando que contestarche.
> Gustaríame participar, pero a verdade é que ando sempre a cen (estou
> matriculado na universidade ao tempo que traballo) e me queda pouco tempo
> libre para outras cousas. Iso prefiro dicircho claro, porque se me deixo
> levar polas intencións che diría que si e logo non podería e te acabaría por
> entorpecer máis do que axudar.
>
> Entón: eu calculo que lle podería adicar unhas miserables 3 ou 4 horas á
> semana que podería ir tirando a pouquiños de outras cousas, e aínda non
> controlo nada dos programas que hai que usar para a traducción. Iso é o que
> lle podo ofrecer a este proxecto, consciente de que é moi pouca cousa. Se
> con iso ti consideras que che podo servir dalgunha axuda, eu apúntome, pero
> se ves que con iso non chega, pois deixámolo para outra vez a ver se máis
> adiante estou máis desafogado.

Non hai problema. O mesmo lle pasa a todos, se non fora por problemas
de horarios e cousas asi haberia o dobre ou o triple de xente
traballando. Se nin sequera controlas nada das ferramentas mellor
deixámolo e mentres a ver se intentamos facer documentación para ir
iniciando a novos tradutores, algo coma videotitoriais e cousas asi...

> En calquera dos dous casos, si que che (vos) quería faceur unha consulta,
> vin que déstedes unhas charlas para noveis na universidade...
> interesaríavos/poderíades facer algo parecido para o colexio onde traballo
> en Valdoviño? A min interésame sobre todo porque teño un grupo de
> iniciativas emprendedoras (unha asignatura nova), e estaría moi ben que lles
> explicárades que facedes, como traballades, por que, etc... e igual algún
> dos agora nenos máis adiante se enrola no proxecto!

É interesante. A verdade é que a min me queda un pouco lonxe. A ver se
atopamos a alguén disposto, ainda que o dubido.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a