Na páxina http://trasno.net/kde:inicio menciónanse os enderezos para obter os ficheiros mediante svn. Porén, actualmente hai duas "sub-pólas", l10n-kde3/ e l10n-kde4/.
Supoño que xa o sabiades pero non se vos acordara corrixilo na páxina. Acabo de instalar o Kaider (ainda se chama así Lokalize, non) e non sei como incorporar memorias de tradución das que xa teño, tal e como o intento non vai (teño KDE 4.03). Alguén me pode dar unha idea? Xosé