* O Free Translation Project (o de GNU e todo iso) reviviu. Agora, a falta
dun coordinador, temos tres (o antigo, e dous máis), así que os atascos xa
non se han formar no coordinador internacional, senón no do equipo...
eeehem.

 * E falando do Free Translation Project, vou face-lo que tiña que ter feito
de antes, pero como xa sabede-lo botado para adiante que son, pois... e non
se trata de ir "conquistando" os paquetes traducidos por xente sen
disclaimer (iso xa o estou a facer :-PP) senón, simplemente, elimina-lo
número de versión dos ficheiros, e comezar a armacenar todo como ten que
ser.

 * Ou sexa, no canto de crear un novo ficheiro por versión no CVS e borra-lo
antigo, imos usar sempre o mesmo, que se vai actualizar. Deste xeito, o CVS
ha ser máis óptimo, Suso non me ha tomar tanto o pelo, e poderei
roub^H^H^H^H^H adapta-lo seu script de estatísticas de GNOME e KDE ao
proxecto GNU. Amén.

 * E aproveitarei para poñer nalgures un script que colla cada traducción nova
e a poña no CVS automaxicamente. E o mesmo cos .POT :-) Así, cando subamos
algo ao TP-Robot, xa se ha poñer no CVS a traducción de xeito automático,
sen ter que introducila a man :-)

 * Ah, mentres tanto, o que suba algunha traducción do TP ao CVS, que xa
vaia facendo iso: que borre a traducción antiga, coma sempre, pero a nova a
suba sen número de versión no ficheiro. Iso si, que deixe o de .gl.po, que é
importante :-)

 * E isto porque estou de exames, así que se queredes que faga algo máis,
apurade antes de que rematen, que xa sabedes que por non estudiar, fago o
que sexa :DDD

 * Están a reorganizar un pouco os paquetes que traducen: borraron algún
(indent, por exemplo), borraron traduccións antigas e introduciron novos
paquetes no TP. Suso: meteron fetchmail, xa pedín que cho anoten.

-- 
 Jacobo Tarrío | Grupo de Programadores y Usuarios de Linux | http://gpul.org
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a