Quen son os destinatários do escrito?

Aos que haberia que apontar, segundo a miña experiéncia, son aos que usan os 
ordenadores con relativa soltura (saben enviar un ficheiro!) mais non teñen 
coñecimentos técnicos nen interese en complicar-se. Estarian nese grupo os 
que ainda din que escreben "en Windows".

Eu comecei a ler o texto e cansei-me rapidamente; basicamente, porque coñezo 
de que falas. Se queres que o artigo sexa máis efectivo, conta-o todo nun 
parágrafo introdutório, que iria resaltado cun fondo distino, e no que 
suprimirias os razoamentos e dirias simplemente e directamente que hai que 
evitar xuntar ficheiros de Word aos correios electrónicos e que é mellor 
converti-los a outro formato desde dentro de Word. O texto que xa tés 
seguiria e lerian-no aquelas persos que tivesen máis interese. Xusto debaixo 
do texto prévio (que seria como os "abstracts" dos artigos científcos) viria 
un índice html.

Eu mudaria o título do artigo para "Os documentos de MS-Word non son 
adecuados para enviar por internet" porque este publico entenderia-o mellor.
Igualmente, o ponto 4 intitularia-o "Como facer?"

Saúdos
Xosé Calvo
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a