Xa saíu!

E eu c*g*ndome en todo porque aínda non rematei a tradución d'A Lenda de 
Wesmere... En fin, agora a ver se coas mañás dos fins de semana (e algunha 
tarde 
se non hai moito exame) son quen de tela feita nun mes ou menos, espero que 
antes da 1.6.1

Polo de pronto xa atopei mentres traducía un erro nun dos escenario (xa 
informei del) e varias faltas nas cadeas orixinais en inglés (ausenza de 
puntos finais a maioría).

@Leandro: Xa actualizaches as traducións no xogo? Coido que andas liado agora. 
Pero en fin, eu creo confórmome con que fagamos un bo avance na seguinte 
versión estable (1.6.1).

@Tradutores do Wesnoth: como levade-las vosas traducións?

@Todos: como traduzo "cazarecompensas" (bounty hunters) en galego? En 
principio vouno deixar así.

Un saúdo a todos!

Responderlle a