> Totalmente dacordo, na miña campaña atopeime con algún diálogo pero moi > minoritario, tamén debe haber algunha raza máis con esta característica, > pero a dos ananos aparece en varias campañas co que estaría ben chegar a un > acordo para traducir todos da mesma maneira. > > Eu son da opinión de non complicarse moito a vida, utilizando gheada e > seseo non se desvirtualizaría nada a tradución e sería comprensible para > tódolos xogadores galegofalantes. Eu en principio votaría por so incluir > iso, ademáis se algén lle gustaría meter algunha palabra 'enxebre' para > facer máis característica a fala dos ananos que a propoña aínda que todo o > que se inclúa debe seguer sendo comprensible para tódolos galegofalantes > sen ter que ir a google.
Por min d'acordo. Eu tamén engadiría a forma con guión dos artigos canda verbos (lava-la cara, rompe-la caixa, consegui-la vitoria...) porque é a forma en que se pronuncia, pero o certo é que non estou 100% seguro de que sexa a pronuncia oficial de toda Galicia. En fin, que se ninguén se opón, seseo e gheada. De todos xeitos, a ver se polo menos Leandro le os mails e dá a súa opinión tamén.