Boas:
Se non me erro a web de trasno aÃnda non está operativa.
Deixo esta ligazón a unha nova que puxen no meu blogue sobre a traducion
do Piwigo ó galego.
http://www.damufo.com/blogue/piwigo-2-4-0-traducido-o-galego/
Se parece ben e cando sexa posible, pode poñerse tamén na web de trasno.
O núcleo está ó 100%, tamén están traducidas algunhas extensións, a
instalación e a axuda está en progreso.
Unhas notas sobre o estilo:
- Tratamento: informal
- Emprego da contracción "ó" no canto de "ao" e segunda forma do artigo.
- Terminación -ble/-bles no canto de -bel/-beis
O formato son ficheiros php coa cadea orixe e cadea a traducir.
Preguntei se tiñan algo para pasar a po e a resposta foi negativa.
Deica.
--
Dani
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto