A min a ferramenta gústame bastante, como tradutor (pola facilidade coa que 
podo traballar en local) e como administrador (pode cargar ficheiros POT desde 
repositorios públicos, ten cliente en Python).

Hei de mencionar, de todos xeitos, que non é software libre. Deixou de selo hai 
un tempo, polo visto. Basicamente deixaron de facer públicos os cambios ao 
sistema, como quen non quere a cousa.

Agora mesmo parece como o Github das traducións en todos os sentidos.

O Venres, 18 de Abril de 2014 08:58:11 Xan Vieiro escribiu:
> Boas!
> 
> Dende o coordinador de localización de QGIS está a propoñerse o cambio para
> Transifex. ¿Que opinión/experiencias tedes ó respecto?
> 
> Polo que lin, Transifex ten unha interface web, con posibilidade de
> descarga de ficheiro anque co bloqueo do mesmo durante un tempo. Descoñezo
> se ten posibilidades de engadir glosario, memorias de tradución e/ou
> diccionario. Por outra banda permitiría a participación de máis usuarios á
> tradución.
> 
> Agradezo os vosos comentarios.
> 
> Saúdos.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a