Dispúñame a traducir un comunicado dun blogue, cando fiquei pensando en como se traduce en galego o encabezado da forma:
Hello all, A miña dúbida radicaba na utilización da coma. Non sabía se a norma galega era coma a castelá, coma a inglesa ou distinta das dúas. O caso é que buscando "carta formal en galego" no Google atopei un documento PDF ben curioso. Ademais de soluciona-la miña dúbida (úsanse os dous puntos (:) igual que en castelán), atopei mirando un pouco por riba curiosidades. Por exemplo, "explican" como escribir unha mensaxe de texto do móbil. E digno de verse. Déixovo-la ligazón: http://www.google.es/url?sa=t&source=web&ct=res&cd=1&url=http%3A%2F%2Fwww.xunta.es%2Flinguagalega%2Farquivos%2Funidade11_celga2.pdf&ei=y6eMSZPRGIn40AWFxKyXCw&usg=AFQjCNHbrNQxMXukd_AoXwT8Pjbza8- w2g&sig2=b8Dd6JxWhrr0pzbasQgCjw