Re: Entrada de datos

2008-08-15 Conversa damufo



Leandro Regueiro escribiu:

2008/8/3 Xosé :

(Esta mensaxe ia ser especificamente sobre "spin box", mais fun-na aumentando).


Fixeches ben, seguramente ainda haberá máis widgets que discutir,
ainda que podiamos comezar por "widget" xa.

Hai que facer como fixen eu cas unidades de Wesnoth, coller tódalas
cadeas a traducir, recolectar tódalas traducións usadas para cada unha
desas cadeas, ainda que sexan traducións erradas ou conflitivas, e
discutir entre todos a mellor tradución, fixar unha tradución para
cada unha e confeccionar unha lista.


Existen vários "widgets" para os que non atopo tradución unificada. Fixen as
pesquisas na miña memória de tradución, que se basea en KDE (para cando se
unifican? poderia alguén facelo tamén para GNOME?). Vexamos:


Algún día. Polo de agora pódense facer consultas no open-tran sobre
varias distros e ambientes de escritorio, ademais dalgunhas
aplicacións independientes. A idea é montar nós un sistema propio para
consultar tódalas traducións realizadas por Trasno dispoñibles se é
que os de Mancomun non o fan antes ca nós.


==Spin box ou spinner
* campo incremental
* campo numérico
* campo incremental/decremental
* selector numérico
* Unha opción para valores numéricos que poden ser incrementados/decrementados
(!)
* (campo, selector, caixa...)

"campo numérico" é ambíguo; "campo incremental" poderia estar ben; "selector
numérico" parece bastante descritivo.


Literalmente non teño nin idea do que é este widget.


==Check box ou checkbox
* opción
* caixiña
* casiña

"opción" é maioritario. Nos contextos que atopei o texto era do tipo "Enable
this checkbox", co cal a tradución "Sinale esta opción" é clara. Porén,
noutros poderia soar demasiado xenérica.


caixa de verificación, de confirmación, teño visto máis opcións pero
agora non lembro. Proba en http://gl.open-tran.eu/


==Toggle button
* botón

Vaia, parece que non se precisa afinar máis. Os verbos que acompañan (como en
"This button toggles...") son alternar, conmutar e trocar.


Toggle é un verbo e un substantivo tamén, que é bastante chungo. Úsase
para cambiar o estado dalgo que pode cambiar de estado, por exemplo un
botón que pode estar premido ou non. Pero tamén podes "Toggle the
checkbox" para activar ou desactivar algo. Vexo en open-tran que
usamos "marcar-desmarcar", en gnome vin unha tradución chunga "botón
de dous estados" (revisa iso Nacho!!), cambiar estado,
activar/desactivar. Lembro ter usado múltiples traducións para isto,
pero no open-tran creo que ainda non integraron as traducións das
distros e de certas aplicacións nas que eu traballei todos estes anos
(menos mal, que senón verianse tódalas miñas meteduras de zoca :))


==Radio button
* alternativa
* opción alternativa
* botón
* botóns de alternativa


Pois calquera destas valia, pero supoño que seria boa idea fixar unha
tradución estándar de entre tódalas correctas.


==Slider
* desprazador
* barra deslizante
(en contextos: "zoom slider".- barra de ampliación, "volume toolbar".-barra de
volume,...)


Barra de desprazamento, sempre usei esta.


==List box
* lista
* listaxe

Son suficientemente descritivas? Que tal "lista[xe] de selección" - a fin de
contas, permite seleccionar os elementos, ao contrário dunha simples lista[xe]
en calquer programa.


Estou de acordo co de lista de selección, ainda que seguro que hai
outra opcións.

Caixa de listaxe



==Drop-down list ou drop-down menu
* (lista|menú) despregábel

Isto si que parece descritivo.


Si, o mesmo me propuxera Marce hai algún tempo. Concordo.


==Combo box
* lista de selección
* lista despregábel
* selector


caixa despregabel, tamen pode ter a opción de que se pode escribir


A diferenza é pequena (nas combo boxes pode-se editar o campo) e poderia-se
empregar "lista despregábel" para ambas as duas, mais a aparéncia é distinta
(nas combo boxes ve-se un campo en branco) e, ademais, constituen dous
obxectos distintos, polo que conviria crear dous termos distintos. "Lista de
selección" pode confundir-se con "list box" e "selector" non é descritivo. Que
tal algo con "combinado" ("combo box" é unha combinación dunha lista
despregábel e un campo de texto).


Pode haber certos problemas ca traducións doutros widgets...


==Box
* caixa
* campo
* cadro

"Campo" é a tradución que corresponde a "field", ainda que si se pode entender
que se empregue nos formulários, nos que o que se introduza vai acabar nunha
base de datos. "Caixa" ou "cadro"?


Box pode referirse a un campo de introducción de texto, ou a unha
caixa de contorno, coma as que hai no Inkscape rodeando ós obxectos.
Supoño que a tradución dependerá do contexto e de como utilicen os
desenvolvedores este termo.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: Entrada de datos

2008-08-08 Conversa mvillarino
>> Reostia: non me digas que nas gtk, cocoa, gnustep, fltk e outras non
>> hay "checkbox", "radio button" e demais?
>
> Haber hai, pero falo por outros widgets que non existen en qt e pode
> que existan noutros choios.

Por haber, pode haber as de dios polo mundo adiante, mesmo
"macrowidgets", pero ten en conta que nesa listaxe non están todos os
que son, pero son os que están (en kdelibs, non en qt, non confundamos
os termos).

Xa postos, é un documento aberto: sigo agardando suxestións para os
widgets que nel aparecen citados.

En outra orden de cousas: a equipa de documentalistas aceitará
melloras (en inglés) dese documento.


Re: Entrada de datos

2008-08-08 Conversa Leandro Regueiro
On Wed, Aug 6, 2008 at 1:18 PM, mvillarino  wrote:
> 2008/8/6 Leandro Regueiro :
>> Moi útil, pero non podias poñer coma extensión tar.gz?
>
> Non, é un arquivo de páxina web obtido en automático mediante unha
> extensión de Konqueror, se lle das a abrir neste programa, non che
> fará falla descomprimilo (penso que non ff tampouco debería dar moitos
> problemas)

Home, tendo en conta que para el un ficheiro .war é unha cousa
descoñecida, pois non, non mo abre. Tiven que cambiar a extensión e
probar de novo.

>> Agora facian falta listas doutros widgets ademais dos de qt...
> ´
> ??
>
> ??
>
> Reostia: non me digas que nas gtk, cocoa, gnustep, fltk e outras non
> hay "checkbox", "radio button" e demais?

Haber hai, pero falo por outros widgets que non existen en qt e pode
que existan noutros choios.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Entrada de datos

2008-08-06 Conversa mvillarino
2008/8/6 Leandro Regueiro :
> Moi útil, pero non podias poñer coma extensión tar.gz?

Non, é un arquivo de páxina web obtido en automático mediante unha
extensión de Konqueror, se lle das a abrir neste programa, non che
fará falla descomprimilo (penso que non ff tampouco debería dar moitos
problemas)

> Agora facian falta listas doutros widgets ademais dos de qt...
´
??

??

Reostia: non me digas que nas gtk, cocoa, gnustep, fltk e outras non
hay "checkbox", "radio button" e demais?


Re: Entrada de datos

2008-08-06 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/6 mvillarino :
> O Domingo 03 Agosto 2008 23:26, Xosé escribiu:
>> (Esta mensaxe ia ser especificamente sobre "spin box", mais fun-na
>> aumentando).
>>
>> Existen vários "widgets" para os que non atopo tradución unificada. Fixen
>> as pesquisas na miña memória de tradución, que se basea en KDE (para cando
>> se unifican? poderia alguén facelo tamén para GNOME?). Vexamos:
>>
> Para comentar (o anexo)

Moi útil, pero non podias poñer coma extensión tar.gz?
Agora facian falta listas doutros widgets ademais dos de qt...

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: Entrada de datos

2008-08-05 Conversa mvillarino
O Domingo 03 Agosto 2008 23:26, Xosé escribiu:
> (Esta mensaxe ia ser especificamente sobre "spin box", mais fun-na
> aumentando).
>
> Existen vários "widgets" para os que non atopo tradución unificada. Fixen
> as pesquisas na miña memória de tradución, que se basea en KDE (para cando
> se unifican? poderia alguén facelo tamén para GNOME?). Vexamos:
>
Para comentar (o anexo)
-- 
Best regards,
MV


Guia visual KDE.war
Description: application/webarchive


Re: Entrada de datos

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/3 Xosé :
> (Esta mensaxe ia ser especificamente sobre "spin box", mais fun-na 
> aumentando).

Fixeches ben, seguramente ainda haberá máis widgets que discutir,
ainda que podiamos comezar por "widget" xa.

Hai que facer como fixen eu cas unidades de Wesnoth, coller tódalas
cadeas a traducir, recolectar tódalas traducións usadas para cada unha
desas cadeas, ainda que sexan traducións erradas ou conflitivas, e
discutir entre todos a mellor tradución, fixar unha tradución para
cada unha e confeccionar unha lista.

> Existen vários "widgets" para os que non atopo tradución unificada. Fixen as
> pesquisas na miña memória de tradución, que se basea en KDE (para cando se
> unifican? poderia alguén facelo tamén para GNOME?). Vexamos:

Algún día. Polo de agora pódense facer consultas no open-tran sobre
varias distros e ambientes de escritorio, ademais dalgunhas
aplicacións independientes. A idea é montar nós un sistema propio para
consultar tódalas traducións realizadas por Trasno dispoñibles se é
que os de Mancomun non o fan antes ca nós.

> ==Spin box ou spinner
> * campo incremental
> * campo numérico
> * campo incremental/decremental
> * selector numérico
> * Unha opción para valores numéricos que poden ser incrementados/decrementados
> (!)
> * (campo, selector, caixa...)
>
> "campo numérico" é ambíguo; "campo incremental" poderia estar ben; "selector
> numérico" parece bastante descritivo.

Literalmente non teño nin idea do que é este widget.

> ==Check box ou checkbox
> * opción
> * caixiña
> * casiña
>
> "opción" é maioritario. Nos contextos que atopei o texto era do tipo "Enable
> this checkbox", co cal a tradución "Sinale esta opción" é clara. Porén,
> noutros poderia soar demasiado xenérica.

caixa de verificación, de confirmación, teño visto máis opcións pero
agora non lembro. Proba en http://gl.open-tran.eu/

> ==Toggle button
> * botón
>
> Vaia, parece que non se precisa afinar máis. Os verbos que acompañan (como en
> "This button toggles...") son alternar, conmutar e trocar.

Toggle é un verbo e un substantivo tamén, que é bastante chungo. Úsase
para cambiar o estado dalgo que pode cambiar de estado, por exemplo un
botón que pode estar premido ou non. Pero tamén podes "Toggle the
checkbox" para activar ou desactivar algo. Vexo en open-tran que
usamos "marcar-desmarcar", en gnome vin unha tradución chunga "botón
de dous estados" (revisa iso Nacho!!), cambiar estado,
activar/desactivar. Lembro ter usado múltiples traducións para isto,
pero no open-tran creo que ainda non integraron as traducións das
distros e de certas aplicacións nas que eu traballei todos estes anos
(menos mal, que senón verianse tódalas miñas meteduras de zoca :))

> ==Radio button
> * alternativa
> * opción alternativa
> * botón
> * botóns de alternativa

Pois calquera destas valia, pero supoño que seria boa idea fixar unha
tradución estándar de entre tódalas correctas.

> ==Slider
> * desprazador
> * barra deslizante
> (en contextos: "zoom slider".- barra de ampliación, "volume toolbar".-barra de
> volume,...)

Barra de desprazamento, sempre usei esta.

> ==List box
> * lista
> * listaxe
>
> Son suficientemente descritivas? Que tal "lista[xe] de selección" - a fin de
> contas, permite seleccionar os elementos, ao contrário dunha simples lista[xe]
> en calquer programa.

Estou de acordo co de lista de selección, ainda que seguro que hai
outra opcións.

> ==Drop-down list ou drop-down menu
> * (lista|menú) despregábel
>
> Isto si que parece descritivo.

Si, o mesmo me propuxera Marce hai algún tempo. Concordo.

> ==Combo box
> * lista de selección
> * lista despregábel
> * selector
>
> A diferenza é pequena (nas combo boxes pode-se editar o campo) e poderia-se
> empregar "lista despregábel" para ambas as duas, mais a aparéncia é distinta
> (nas combo boxes ve-se un campo en branco) e, ademais, constituen dous
> obxectos distintos, polo que conviria crear dous termos distintos. "Lista de
> selección" pode confundir-se con "list box" e "selector" non é descritivo. Que
> tal algo con "combinado" ("combo box" é unha combinación dunha lista
> despregábel e un campo de texto).

Pode haber certos problemas ca traducións doutros widgets...

> ==Box
> * caixa
> * campo
> * cadro
>
> "Campo" é a tradución que corresponde a "field", ainda que si se pode entender
> que se empregue nos formulários, nos que o que se introduza vai acabar nunha
> base de datos. "Caixa" ou "cadro"?

Box pode referirse a un campo de introducción de texto, ou a unha
caixa de contorno, coma as que hai no Inkscape rodeando ós obxectos.
Supoño que a tradución dependerá do contexto e de como utilicen os
desenvolvedores este termo.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Entrada de datos

2008-08-03 Conversa Xosé
(Esta mensaxe ia ser especificamente sobre "spin box", mais fun-na aumentando).

Existen vários "widgets" para os que non atopo tradución unificada. Fixen as 
pesquisas na miña memória de tradución, que se basea en KDE (para cando se 
unifican? poderia alguén facelo tamén para GNOME?). Vexamos:

==Spin box ou spinner
* campo incremental
* campo numérico
* campo incremental/decremental
* selector numérico
* Unha opción para valores numéricos que poden ser incrementados/decrementados 
(!)
* (campo, selector, caixa...)

"campo numérico" é ambíguo; "campo incremental" poderia estar ben; "selector 
numérico" parece bastante descritivo.

==Check box ou checkbox
* opción
* caixiña
* casiña

"opción" é maioritario. Nos contextos que atopei o texto era do tipo "Enable 
this checkbox", co cal a tradución "Sinale esta opción" é clara. Porén, 
noutros poderia soar demasiado xenérica.

==Toggle button
* botón

Vaia, parece que non se precisa afinar máis. Os verbos que acompañan (como en 
"This button toggles...") son alternar, conmutar e trocar.

==Radio button
* alternativa
* opción alternativa
* botón
* botóns de alternativa

==Slider
* desprazador
* barra deslizante
(en contextos: "zoom slider".- barra de ampliación, "volume toolbar".-barra de 
volume,...)

==List box
* lista
* listaxe

Son suficientemente descritivas? Que tal "lista[xe] de selección" - a fin de 
contas, permite seleccionar os elementos, ao contrário dunha simples lista[xe] 
en calquer programa.

==Drop-down list ou drop-down menu
* (lista|menú) despregábel

Isto si que parece descritivo.

==Combo box
* lista de selección
* lista despregábel
* selector

A diferenza é pequena (nas combo boxes pode-se editar o campo) e poderia-se 
empregar "lista despregábel" para ambas as duas, mais a aparéncia é distinta 
(nas combo boxes ve-se un campo en branco) e, ademais, constituen dous 
obxectos distintos, polo que conviria crear dous termos distintos. "Lista de 
selección" pode confundir-se con "list box" e "selector" non é descritivo. Que 
tal algo con "combinado" ("combo box" é unha combinación dunha lista 
despregábel e un campo de texto).

==Box
* caixa
* campo
* cadro

"Campo" é a tradución que corresponde a "field", ainda que si se pode entender 
que se empregue nos formulários, nos que o que se introduza vai acabar nunha 
base de datos. "Caixa" ou "cadro"?

Xosé


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.