Re: Informe sobre galego e internet

2011-06-14 Conversa Miguel Bouzada
Creo que fas unha lectura con "bos ollos" seguen cos... "diversos" e, só
falan de LibO e os seus "accesorios" que foi o tema da túa intervención, se
ben o teu aspecto é ben tratado, a presencia de Proxecto Trasno limitase a:

"*... Mar Pereira tamén salientou os resultados conseguidos co Plan de
Acción de Fomento do Software Libre posto en marcha en 2010 e puxo de
manifesto a importancia do traballo realizado pola Asociación Proxecto
Trasno, que vén levando a cabo a tradución ao galego de diversas aplicacións
de software libre.*"

Polo que entendo que insisten en que o noso traballo é/foi realizado grazas
a eles... máis do mesmo.

Sobre o da carta, o que diga a maioría, na miña opinión... non.

2011/6/14 Antón Méixome 

> Acaba de publicarse un informe de resumo da xornada aquela de Letras
> Galegas e Internet
>
> http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Informe_xornadasgalegas.pdf
>
> Na miña impresión, o tratamento a Trasno é bastante bo. Mellor que as
> descoidadas declaracións da SXMIT.
> Con todo, non priva de ser criticable que Trasno non foi efectivametne
> convidada. Dá a impresión, pola maneira en que está redactado que
> intentan facer pasar a miña intervención como representativa dos múltiples
> traballos, cando iso nunca foi asi.
>
> É unha liña na que hai que traballar máis porque a luz está acendida.
>
> Propoño que se lles evíe un correo formal e aprobado pola directiva na que
> se agradeza a cita e o recoñecemento ao traballo aínda que se manifeste o
> disgusto por non ter convidado ningún representante da Asociación.
>
> Antón
>
>
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/ -  30 de marzo de 2011
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Informe sobre galego e internet

2011-06-13 Conversa Antón Méixome
Acaba de publicarse un informe de resumo da xornada aquela de Letras Galegas
e Internet

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Informe_xornadasgalegas.pdf

Na miña impresión, o tratamento a Trasno é bastante bo. Mellor que as
descoidadas declaracións da SXMIT.
Con todo, non priva de ser criticable que Trasno non foi efectivametne
convidada. Dá a impresión, pola maneira en que está redactado que
intentan facer pasar a miña intervención como representativa dos múltiples
traballos, cando iso nunca foi asi.

É unha liña na que hai que traballar máis porque a luz está acendida.

Propoño que se lles evíe un correo formal e aprobado pola directiva na que
se agradeza a cita e o recoñecemento ao traballo aínda que se manifeste o
disgusto por non ter convidado ningún representante da Asociación.

Antón
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto