Re: Mancomun.org convídavos a participar no BROffice.org

2007-10-25 Conversa Ramon Flores
Em Quarta, 24 de Outubro de 2007 18:11, o Xoán Fernández escreveu:

 Mancomun.org ofrece a posibilidade a persoas involucradas na
 tradución do Software Libre, no OpenOffice.org ou na lusofonía de estar
 presente durante o relatorio de Mancomun.org que terá lugar o venres 26
 de outubro de 14:40 a 15:20 no reitorado da Universidade de Santiago de
 Compostela situado na Praza do Obradoiro.

Eu penso ir, alguém mais se anima?

Cumprimentos
Ramon


Mancomun.org convídavos a participar no BROffice.org

2007-10-24 Conversa Xoán Fernández
Estimados amigos e amigas:

Escríbovos de parte de Suso Baleato, novo coordinador de Mancomun.org, 
Iniciativa Galega polo Software Libre para transmitirvos o seguinte convite: 

*Mancomun.org convida á comunidade na participación no BROffice*

Mancomun.org vai explicar a súa experiencia na tradución, distribución e
difusión de OpenOffice.org nun relatorio a través de videoconferencia no
BrOffice, encontro internacional que terá lugar en Brasil e que ten por
obxectivo a dinamización da comunidade de desenvolvemento de
OpenOffice.org, así como promover a integración con usuarios finais.

Mancomun.org ofrece a posibilidade a persoas involucradas na
tradución do Software Libre, no OpenOffice.org ou na lusofonía de estar
presente durante o relatorio de Mancomun.org que terá lugar o venres 26
de outubro de 14:40 a 15:20 no reitorado da Universidade de Santiago de
Compostela situado na Praza do Obradoiro.

Debido ás grandes limitacións do aforo requírese que se confirme a
asistencia enviando un correo ao enderezo manco...@mancomun.org

-- 
Xoán Fernández
Mancomun.org Iniciativa Galega polo Software Libre
www.mancomun.org
xo...@cesga.es
Telf: 981 56 98 10 Ext:247
Fax: 981 59 46 16
Centro de Supercomputación de Galicia
Avda. de Vigo s/n (Campus Sur)
15705 Santiago de Compostela