Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-10 Conversa 93873 hack
 
   Unha cousa, probei a baixala dende aí e non din atopado o sitio...
 
 http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#moz_1.0
 
   Non aparece a ligazón para baixar o paquete. :?  Supoño que estará
 no ftp, pero non se pode baixar directamente...

 Sim que está eu a verdadé é que sempre as baixo desde ai, desde o enlace que 
che proporciona directamente o mozilla em apariência/idiomas/baixar modulos de 
idioma (ou algo assim)

-- 
Get your free email from www.linuxmail.org 

Powered by Outblaze
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-09 Conversa Jacobo Tarrio
O Sábado,  8 de Xuño de 2002 ás 13:25:10 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

   Coma sempre, o paquete de traducción de 1.0 está na sección de Aplicacións
  da nosa web: http://www.trasno.net/
   Que o desfrutedes :-)
   Xa cho dixera antes, pero noraboa, unha vez máis. ;))

 Graciñas, home, e unha pequena estatística. No mes pasado e no que levamos
deste mes, case a terceira parte dos que entraron na web do Trasno
empregando Mozilla o tiña en galego. Por certo, no mes pasado, a porcentaxe
de usuarios de Mozilla era o 11,58%; neste mes é o 22,68%, pero está claro
que é unha anomalía ;-)

 Ah, e levamos máis de 160 descargas do paquete de traducción dende o seu
anuncio, na web do Trasno. Polo de agora non sei cantas, na web de
Mozilla...

 Así que as noraboas e as gracias a todos vos, por descarga-la traducción,
por empregala, por escribir cos problemas e fallos e polo voso apoio :-)

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-09 Conversa Jesus Bravo Alvarez
On Sun, Jun 09, 2002 at 01:02:50AM +0200, Jacobo Tarrio wrote:

  Graciñas, home, e unha pequena estatística. No mes pasado e no que levamos
 deste mes, case a terceira parte dos que entraron na web do Trasno
 empregando Mozilla o tiña en galego. Por certo, no mes pasado, a porcentaxe
 de usuarios de Mozilla era o 11,58%; neste mes é o 22,68%, pero está claro
 que é unha anomalía ;-)

¿Contas tamén os que usan galeon ou outros baseados en mozilla? :-m

  Ah, e levamos máis de 160 descargas do paquete de traducción dende o seu
 anuncio, na web do Trasno. Polo de agora non sei cantas, na web de
 Mozilla...

Unha cousa, probei a baixala dende aí e non din atopado o sitio...

http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#moz_1.0

Non aparece a ligazón para baixar o paquete. :?  Supoño que estará
no ftp, pero non se pode baixar directamente...

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-08 Conversa Jesus Bravo Alvarez
On Wed, Jun 05, 2002 at 08:14:52PM +0200, Jacobo Tarrio wrote:

  Acaba de publicarse Mozilla 1.0 (http://www.mozilla.org/). Ao mesmo tempo
 publicáronse as tres primeiras traduccións dispoñibles para esta versión
 deste navegador: galego, asturiano e chinés tradicional, aínda que se espera

Hihi, mira que me fai gracia isto... :D

  Coma sempre, o paquete de traducción de 1.0 está na sección de Aplicacións
 da nosa web: http://www.trasno.net/
  Que o desfrutedes :-)

Xa cho dixera antes, pero noraboa, unha vez máis. ;))

Agora, unha cousiña... Xa sei que aquí non somos precisamente os
mellores comunicadores do mundo :D, pero xa que está traducida a versión
1.0 dun navegador multiplataforma, libre, e que funciona caralludamente :D,
pois sería interesante que a xente o coñecese...

Eu pola miña banda xa mandei unha mensaxe á lista de correo de
galego21, que parece que aínda non se decataran do asunto. ;)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-07 Conversa Fco. Vázquez
O Wed, 5 Jun 2002 20:14:52 +0200
Jacobo Tarrio jtar...@trasno.net escribeu:

  Acaba de publicarse Mozilla 1.0 (http://www.mozilla.org/). Ao mesmo tempo
 publicáronse as tres primeiras traduccións dispoñibles para esta versión
 deste navegador: galego, asturiano e chinés tradicional, aínda que se espera
 que nos próximos días haxa máis idiomas dispoñibles.
 
  Coma sempre, o paquete de traducción de 1.0 está na sección de Aplicacións
 da nosa web: http://www.trasno.net/
 
  Que o desfrutedes :-)

Gracias, moitas gracias.

-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-06 Conversa Roberto Suarez Soto
On Jun/05/2002, Jacobo Tarrio wrote:

  Acaba de publicarse Mozilla 1.0 (http://www.mozilla.org/). Ao mesmo tempo
 publicáronse as tres primeiras traduccións dispoñibles para esta versión
 deste navegador: galego, asturiano e chinés tradicional, aínda que se espera
 que nos próximos días haxa máis idiomas dispoñibles.

Bo traballo :-)))

-- 
  Roberto Suarez Soto  · I've got you under my wheels now, baby
ask...@gpul.org·  I'll drive you all night long
   Corgo/Lugo/Galicia/Spain·