Mozilla 1.0 RC1 en galego

2002-04-21 Conversa Jacobo Tarrio
 Está dispoñible dende onte a traducción do Mozilla 1.0 RC1; é a segunda
traducción do Mozilla 1.0 RC1 que hai dispoñible (a primeira foi a do
polaco).

 Podedes descargala de dous xeitos, principalmente:

 1- Ides a http://www.trasno.net/aplicacions/ e premedes na ligazón de
Instalación da versión 1.0 RC1
 2- Ides a http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#moz_1.0rc1 e
premedes na ligazón mac/unix/win do galego.

 De calquera dos dous xeitos, así ides instala-lo paquete de idioma galego
(tedes que vos asegurar, se usades un sistema operativo con varios usuarios,
de que estades a executa-lo Mozilla co usuario que o instalou). Cando estea
feito, pechade o Mozilla, e co voso usuario normal volvédeo abrir; escollede
o menú Edit e dentro del Preferences

 Dentro da caixa de diálogo que apareza, escollede (á esquerda) o apartado
Appearance e dentro del, Languages and Content. Escollede o galego,
dádelle a Ok, reiniciade o Mozilla, e listo :-)

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Mozilla 1.0 RC1 en galego

2002-04-21 Conversa Alejandro Riveira Fernández

Jacobo Tarrio wrote:

 Está dispoñible dende onte a traducción do Mozilla 1.0 RC1; é a segunda
traducción do Mozilla 1.0 RC1 que hai dispoñible (a primeira foi a do
polaco).

Parece incrible o rápido que as sacas, máis cedo que as de castelan, sen 
 máis verbas que un gracias me deixas ;-)

 Podedes descargala de dous xeitos, principalmente:

 1- Ides a http://www.trasno.net/aplicacions/ e premedes na ligazón de
Instalación da versión 1.0 RC1
 2- Ides a http://www.mozilla.org/projects/l10n/mlp_status.html#moz_1.0rc1 e
premedes na ligazón mac/unix/win do galego.

 De calquera dos dous xeitos, así ides instala-lo paquete de idioma galego
(tedes que vos asegurar, se usades un sistema operativo con varios usuarios,
de que estades a executa-lo Mozilla co usuario que o instalou). Cando estea
feito, pechade o Mozilla, e co voso usuario normal volvédeo abrir; escollede
o menú Edit e dentro del Preferences

 Dentro da caixa de diálogo que apareza, escollede (á esquerda) o apartado
Appearance e dentro del, Languages and Content. Escollede o galego,
dádelle a Ok, reiniciade o Mozilla, e listo :-)

--
Ollo por ollo... e o mundo quedará cego
--*Gandi*--