Acabo de publica-la traducción de Mozilla 1.2. O método de instalación é o de sempre:
0- Se xa usabade-la traducción galega, cambiade o idioma do Mozilla a un distinto do galego para evitar problemas na actualización 1- Cargade o Mozilla coma administrador (ou coma o usuario que instalou Mozilla) , ide a http://trasno.net/mozilla/ e premede na ligazón "Instalar" correspondente a Mozilla 1.2 2- Arrincade Mozilla co voso usuario habitual e seleccionade o galego indo a Edit->Preferences->Appearance->Languages&Web Content 3- Arrincade Mozilla de novo e desfrutade :-) Esta traducción debería ser válida para Windows, Unix e Mac. Tamén pode que funcione noutras plataformas. Non sei se funciona en Phoenix, Chimera ou outros navegadores derivados de Mozilla... -- main($){$="main($){$=%1$c%2$s%1$c;printf($,'%1$c',$,%1$c%3$s%1$c);} ";printf($,'"',$," Jacobo Tarrio, jtar...@gpul.org ");} -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe