Ola, como estaba previsto o obradoiro foi case unha desfeita total por poñer ó mando a un incompetente nos temas estes. O caso é que chegou o momento, despois superar parte dos problemas derivados da ineficiente organización que nos puxo un galinux ó cal non se lle pode instalar o Lokalize, falta de preparación polo inepto ó cargo, etc., no que xa non sabia que máis contar, xusto despois de saír lembro seis ou sete cousas (esaxerando claro) que eran importantes e deberia ter dito: existencia do digalego, falar dos glosarios antes de poñelos a traducir... paro xa que non quero autoflaxelarme demasiado.
Nota mental: liar a alguén para a próxima vez, que non sexa eu. Ata logo, Leandro Regueiro