Presentado o novo corrector de galego Imaxín Galgo 2.0

2012-09-10 Conversa Xuco

Boas.

Acabo de atoparme con isto.

Enviado por Xuco a través de Google Reader: Presentado o novo corrector
de galego Imaxín Galgo 2.0 vía Código Cero - Diario Tecnolóxico de
Galicia de Raquel Noya el 10/09/12

A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística dá acubillo, dende
hai ben tempo, a un amplo abano de ferramentas que nos axudan a coñecer
mellor e a perfeccionar o noso dominio do galego, porén vén de
completarse cun corrector que nos axuda a que a escrita estea adaptada
á normativa da Real Academia Galega de 2003, algo que faltaba no
catálogo da entidade pública.
Falamos do corrector Imaxín Galgo 2.0, o que vén sendo unha
actualización do corrector Galgo para as novas versións de Microsoft
Word para Windows e para Mac, que xa se pode descargar de balde na
devandita plataforma pública.
Ao igual que outras da mesma familia, esta ferramenta permite
solucionar erros de carácter tipográfico, ortográfico e léxico en tempo
real mentres imos escribindo, porén a diferenza dos outros, este
corrector contén suxestións de vocabulario que están especialmente
pensadas para a lingua galega e a súa situación de contacto co castelán.

Xesús Vázquez Abad presentou a nova versión do corrector ortográfico de
Imaxin
A aplicación informática foi presentada polo conselleiro de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, nun acto no
que tamén participaron outros persoeiros importantes para a lingua
galega e as TIC como o secretario xeral de Política Lingüística,
Valentín García Gómez ou a directora da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, entre outros.
Vázquez Abad mostrouse satisfeito “de poder presentar unha ferramenta
que facilita a aprendizaxe e progresiva autonomía no uso correcto do
noso idioma”, indicou, que ademais “axuda a superar as inseguridades de
quen aposta por escribir en galego no ámbito público e profesional”,
engadiu.
Vázquez Abad asegura que o corrector Imaxín Galgo 2.0 “fomenta a
presenza do galego nas TIC, ao tempo que logra unha oferta máis ampla e
competitiva de produtos e recursos informáticos en galego”, ao que
engade que “favorece a opción positiva polo galego no mercado da
información e da comunicación e mais a libre circulación do galego nos
sistemas avanzados da vida moderna”.
Na súa intervención Abad citou, asemade, outros proxectos do seu
departamento que inciden nos mesmos fins, como o Dicionario de
pronuncia da lingua galega en liña; os cursos de galego a distancia; o
Dicionario xurídico, que estará proximamente en Internet a disposición
da cidadanía; e o apoio á candidatura para o dominio puntoGal, do que
se encarga a AMTEGA.
Outras iniciativas que aproveitan a tecnoloxía para facilitar o uso do
galego e contribuír a súa dinamización é a campaña Twitter en galego
XA!, a das Redes sociais en galego e a tradución á nosa lingua de
distintos programas baseados en software libre.

Cosas que puedes hacer desde aquí:
- Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia con Google
Reader
- Empezar a utilizar Google Reader para mantenerte al día fácilmente de
todos tus sitios favoritos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Presentado o novo corrector de galego Imaxín Galgo 2.0

2012-09-10 Conversa Miguel Branco
Si, é evidente o que se pode responder a isto. Na nova oficial (
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2938/xunta-galicia-presenta-santiago-compostela-novo-corrector-galego-imaxin-galgo
)
veredes outros erros.

2012/9/10 Xuco alej...@gmail.com

 Boas

 Acabo de atoparme con isto.



 Enviado por Xuco a través de Google Reader:


 Presentado o novo corrector de galego Imaxín Galgo 
 2.0http://www.codigocero.com/Presentado-o-novo-corrector-de
  vía Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia http://codigocero.com/de 
 Raquel Noya el 10/09/12

  A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística dá acubillo, dende hai
 ben tempo, a un amplo abano de ferramentas que nos axudan a coñecer mellor
 e a perfeccionar o noso dominio do galego, porén vén de completarse cun
 corrector que nos axuda a que a escrita estea adaptada á normativa da Real
 Academia Galega de 2003, algo que faltaba no catálogo da entidade pública.
 Falamos do corrector Imaxín Galgo 2.0http://www.xunta.es/linguagalega/galgo,
 o que vén sendo unha actualización do corrector Galgo para as novas
 versións de Microsoft Word para Windows e para Mac, que xa se pode
 descargar de balde na devandita plataforma pública.
 Ao igual que outras da mesma familia, esta ferramenta permite solucionar
 erros de carácter tipográfico, ortográfico e léxico en tempo real mentres
 imos escribindo, porén a diferenza dos outros, este corrector contén
 suxestións de vocabulario que están especialmente pensadas para a lingua
 galega e a súa situación de contacto co castelán.
  [image: JPEG - 41.4 KB] *Xesús Vázquez Abad presentou a nova versión do
 corrector ortográfico de Imaxin*

 A aplicación informática foi presentada polo conselleiro de Cultura,
 Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez 
 Abadhttp://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2938/xunta-galicia-presenta-santiago-compostela-novo-corrector-galego-imaxin-galgo,
 nun acto no que tamén participaron outros persoeiros importantes para a
 lingua galega e as TIC como o secretario xeral de Política Lingüística,
 Valentín García Gómez ou a directora da Axencia para a Modernización
 Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, entre outros.
 Vázquez Abad mostrouse satisfeito “*de poder presentar unha ferramenta
 que facilita a aprendizaxe e progresiva autonomía no uso correcto do noso
 idioma*”, indicou, que ademais *“axuda a superar as inseguridades de quen
 aposta por escribir en galego no ámbito público e profesional*”, engadiu.
 Vázquez Abad asegura que o corrector Imaxín Galgo 2.0 *“fomenta a
 presenza do galego nas TIC, ao tempo que logra unha oferta máis ampla e
 competitiva de produtos e recursos informáticos en galego*”, ao que
 engade que *“favorece a opción positiva polo galego no mercado da
 información e da comunicación e mais a libre circulación do galego nos
 sistemas avanzados da vida moderna”.*
 Na súa intervención Abad citou, asemade, outros proxectos do seu
 departamento que inciden nos mesmos fins, como o *Dicionario de pronuncia
 da lingua galega* en liña; os cursos de galego a distancia; o *Dicionario
 xurídico*, que estará proximamente en Internet a disposición da
 cidadanía; e o apoio á candidatura para o dominio puntoGal, do que se
 encarga a AMTEGA.
 Outras iniciativas que aproveitan a tecnoloxía para facilitar o uso do
 galego e contribuír a súa dinamización é a campaña *Twitter en galego XA!,
 * a das *Redes sociais en galego* e a tradución á nosa lingua de
 distintos programas baseados en software libre.



 Cosas que puedes hacer desde aquí:

- Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de 
 Galiciahttp://www.google.com/reader/view/feed%2Fhttp%3A%2F%2Fwww.codigocero.com%2Fspip.php%3Fpage%3Dbackend?source=emailcon
*Google Reader*
- Empezar a utilizar Google 
 Readerhttp://www.google.com/reader/?source=emailpara mantenerte al día 
 fácilmente de
*todos tus sitios favoritos*




 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto