Si, é evidente o que se pode responder a isto. Na nova "oficial" ( http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2938/xunta-galicia-presenta-santiago-compostela-novo-corrector-galego-imaxin-galgo ) veredes outros "erros".
2012/9/10 Xuco <[email protected]> > Boas > > Acabo de atoparme con isto. > > > > Enviado por Xuco a través de Google Reader: > > > Presentado o novo corrector de galego Imaxín Galgo > 2.0<http://www.codigocero.com/Presentado-o-novo-corrector-de> > vía Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia <http://codigocero.com/>de > Raquel Noya el 10/09/12 > > A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística dá acubillo, dende hai > ben tempo, a un amplo abano de ferramentas que nos axudan a coñecer mellor > e a perfeccionar o noso dominio do galego, porén vén de completarse cun > corrector que nos axuda a que a escrita estea adaptada á normativa da Real > Academia Galega de 2003, algo que faltaba no catálogo da entidade pública. > Falamos do corrector Imaxín Galgo 2.0<http://www.xunta.es/linguagalega/galgo>, > o que vén sendo unha actualización do corrector Galgo para as novas > versións de Microsoft Word para Windows e para Mac, que xa se pode > descargar de balde na devandita plataforma pública. > Ao igual que outras da mesma familia, esta ferramenta permite solucionar > erros de carácter tipográfico, ortográfico e léxico en tempo real mentres > imos escribindo, porén a diferenza dos outros, este corrector contén > suxestións de vocabulario que están especialmente pensadas para a lingua > galega e a súa situación de contacto co castelán. > [image: JPEG - 41.4 KB] *Xesús Vázquez Abad presentou a nova versión do > corrector ortográfico de Imaxin* > > A aplicación informática foi presentada polo conselleiro de Cultura, > Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez > Abad<http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2938/xunta-galicia-presenta-santiago-compostela-novo-corrector-galego-imaxin-galgo>, > nun acto no que tamén participaron outros persoeiros importantes para a > lingua galega e as TIC como o secretario xeral de Política Lingüística, > Valentín García Gómez ou a directora da Axencia para a Modernización > Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, entre outros. > Vázquez Abad mostrouse satisfeito “*de poder presentar unha ferramenta > que facilita a aprendizaxe e progresiva autonomía no uso correcto do noso > idioma*”, indicou, que ademais *“axuda a superar as inseguridades de quen > aposta por escribir en galego no ámbito público e profesional*”, engadiu. > Vázquez Abad asegura que o corrector Imaxín Galgo 2.0 *“fomenta a > presenza do galego nas TIC, ao tempo que logra unha oferta máis ampla e > competitiva de produtos e recursos informáticos en galego*”, ao que > engade que *“favorece a opción positiva polo galego no mercado da > información e da comunicación e mais a libre circulación do galego nos > sistemas avanzados da vida moderna”.* > Na súa intervención Abad citou, asemade, outros proxectos do seu > departamento que inciden nos mesmos fins, como o *Dicionario de pronuncia > da lingua galega* en liña; os cursos de galego a distancia; o *Dicionario > xurídico*, que estará proximamente en Internet a disposición da > cidadanía; e o apoio á candidatura para o dominio puntoGal, do que se > encarga a AMTEGA. > Outras iniciativas que aproveitan a tecnoloxía para facilitar o uso do > galego e contribuír a súa dinamización é a campaña *Twitter en galego XA!, > * a das *Redes sociais en galego* e a tradución á nosa lingua de > distintos programas baseados en software libre. > > > > Cosas que puedes hacer desde aquí: > > - Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de > Galicia<http://www.google.com/reader/view/feed%2Fhttp%3A%2F%2Fwww.codigocero.com%2Fspip.php%3Fpage%3Dbackend?source=email>con > *Google Reader* > - Empezar a utilizar Google > Reader<http://www.google.com/reader/?source=email>para mantenerte al día > fácilmente de > *todos tus sitios favoritos* > > > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

