On Fri, Dec 19, 2008 at 2:42 PM, Adrián Chaves Fernández
<adriyeticha...@gmail.com> wrote:
> Leandro, sei que pode soar estúpida a pregunta, pero:
>
> Estás a manter ti o Alexandria ou estou eu?

Mirei eu a semana pasada e creo que non sacaron versión nova dende
aquela versión que traduciras ti. A versión corrixida da túa tradución
ainda non está en ningunha versión estable do alexandria, só nos
repositorios do proxecto do alexandria. Pregúntome se pararían o
proxecto, porque a verdade é que estaba moi ben, pero nin sequera
corrixiron os erros que lle enviei cando estaba corrixindo a túa
tradución.

Pregúntalles a ver se seguen vivos. Pero si, eu manteño a tradución,
pero a cousa non se moveu nada dende aquela.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a