Re: [Comunidade] [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-25 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Olá!

> Supoño que será cousa da política predefinida de Debian ou Ubuntu (que non
> coñezo) pero, ten sentido manter dous paquetes diferenciados para a versión 
> GUI
> e a que funciona en liña de ordes?
Non falo de facer dous paquetes senón de un único paquete que instale a
interface por liña de ordes e a intergace GUI accesíbeis dende o menu
principal do sistema (aka. for doomies).
Polo que levo mirado para chamalo dende liña de comandos emprega un jar
distinto ao do que emprega a GUI polo que deben ser dúas ordes distintas.

> E o máis importante: grazas outra vez polo teu traballo, seguro que lle
> facilitas a vida a moita xente con eses paquetes.
> 
De nada, grazas a ti polo traballo
> Un saúdo,
> Susana.


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrkuhYACgkQmLtmJqKk+bg0uQCeJrT9x1IqwSEYHfhMT4RW7M1d
nOkAn2INS495SPXP3noYEeL6z6o9mG1v
=XWVO
-END PGP SIGNATURE-


Re: [Comunidade] [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-25 Conversa Susana Sotelo Docio
Fran Dieguez escribiu:

Ola,

> Agora mesmo estou mirando a creación de paquetes para a versión
> standalone para a liña de ordes, que tamén estará no meu repositorio.
> Isto o que facilitará é a creación de scripts que empreguen as
> funcionalidades de este aplicativo.

Supoño que será cousa da política predefinida de Debian ou Ubuntu (que non
coñezo) pero, ten sentido manter dous paquetes diferenciados para a versión GUI
e a que funciona en liña de ordes?

> Sei que Susana Sotelo, que tiven o pracer de coñecer nas xornadas da
> USC, está na rolda de g11n.net e é a autora da parte de galego e español
> do mesmo. Pregaríache, Susana, que se pode ser cando haxa un cambio
> significativo me avisaras neste mesmo enderezo para así xerar un novo
> paquete actualizado. Realmente lévame máis tempo andar a mirar o
> repositorio todos os días que xerar o paquete e subilo ao repositorio.

No CVS é raro que estea a versión máis actualizada das regras xa que adoito
enviar actualizacións cada certo tempo, cando hai unha cantidade significativa
de cambios. Até agora viña mantendo una versión actualizada do OXT aquí:

http://linguarum.net/projects/languagetool-gl/downloads/LanguageTool-1.0.0-dev.oxt

tamén accesíbel como

http://gramatica.usc.es/~sdocio/linguarum/downloads/LanguageTool-1.0.0-dev.oxt

Esta fin de semana quedou conxelado o código (RC1), de aí que no CVS estea a
versión máis actualizada. Durante esta semana non se admitirá código novo (só
resolución de erros) até a publicación da versión 1.0 definitiva, que será a que
presenten na vindeira OOoCon'09.

Agora estou preparando unha localización alternativa xa que nos servidores da
Universidade non está ben (é un proxecto persoal e non ten moita relación co
traballo que fago alí). A miña idea era difundir a información entre hoxe e
mañá, agora que está en liña o ficheiro OXT da versión RC1, pero adiantácheste
:)

Por favor, advirte aos que estean usando LT para corrixir galego que é aínda
unha primeira versión á que lle queda moito camiño, moitas probas que facerlle e
melloras importantes aínda pendentes como a inclusión dos clíticos no dicionario
ou as regras de segmentación. Até agora ía levando algunha información nun wiki
persoal (tamén na USC), pero estaba máis pensado como anotacións para min que
para que alguén o lese. Teño pendente transformar esa información en algo máis
dixeríbel e colgala na web; en canto o teña listo xa che paso o enderezo.

E o máis importante: grazas outra vez polo teu traballo, seguro que lle
facilitas a vida a moita xente con eses paquetes.

Un saúdo,
Susana.

Nota: mando copia tamén a Marce deste correo, que tamén me escribíu sobre este
tema e teño pendente a resposta.

-- 
Susana Sotelo Docio http://gramatica.usc.es/~sdocio
Linux User #96506gpg-id: 0x0E9BEDA4

"Me na vyn cows Sawsnak!" (Négome a falar en inglés!) -- dito
de Cornualles