Fran Dieguez escribiu: Ola,
> Agora mesmo estou mirando a creación de paquetes para a versión > standalone para a liña de ordes, que tamén estará no meu repositorio. > Isto o que facilitará é a creación de scripts que empreguen as > funcionalidades de este aplicativo. Supoño que será cousa da política predefinida de Debian ou Ubuntu (que non coñezo) pero, ten sentido manter dous paquetes diferenciados para a versión GUI e a que funciona en liña de ordes? > Sei que Susana Sotelo, que tiven o pracer de coñecer nas xornadas da > USC, está na rolda de g11n.net e é a autora da parte de galego e español > do mesmo. Pregaríache, Susana, que se pode ser cando haxa un cambio > significativo me avisaras neste mesmo enderezo para así xerar un novo > paquete actualizado. Realmente lévame máis tempo andar a mirar o > repositorio todos os días que xerar o paquete e subilo ao repositorio. No CVS é raro que estea a versión máis actualizada das regras xa que adoito enviar actualizacións cada certo tempo, cando hai unha cantidade significativa de cambios. Até agora viña mantendo una versión actualizada do OXT aquí: http://linguarum.net/projects/languagetool-gl/downloads/LanguageTool-1.0.0-dev.oxt tamén accesíbel como http://gramatica.usc.es/~sdocio/linguarum/downloads/LanguageTool-1.0.0-dev.oxt Esta fin de semana quedou conxelado o código (RC1), de aí que no CVS estea a versión máis actualizada. Durante esta semana non se admitirá código novo (só resolución de erros) até a publicación da versión 1.0 definitiva, que será a que presenten na vindeira OOoCon'09. Agora estou preparando unha localización alternativa xa que nos servidores da Universidade non está ben (é un proxecto persoal e non ten moita relación co traballo que fago alí). A miña idea era difundir a información entre hoxe e mañá, agora que está en liña o ficheiro OXT da versión RC1, pero adiantácheste :) Por favor, advirte aos que estean usando LT para corrixir galego que é aínda unha primeira versión á que lle queda moito camiño, moitas probas que facerlle e melloras importantes aínda pendentes como a inclusión dos clíticos no dicionario ou as regras de segmentación. Até agora ía levando algunha información nun wiki persoal (tamén na USC), pero estaba máis pensado como anotacións para min que para que alguén o lese. Teño pendente transformar esa información en algo máis dixeríbel e colgala na web; en canto o teña listo xa che paso o enderezo. E o máis importante: grazas outra vez polo teu traballo, seguro que lle facilitas a vida a moita xente con eses paquetes. Un saúdo, Susana. Nota: mando copia tamén a Marce deste correo, que tamén me escribíu sobre este tema e teño pendente a resposta. -- Susana Sotelo Docio http://gramatica.usc.es/~sdocio Linux User #96506 gpg-id: 0x0E9BEDA4 "Me na vyn cows Sawsnak!" (Négome a falar en inglés!) -- dito de Cornualles

