On 10/5/06, arribi <arr...@cesga.es> wrote:
Ola Manty:

A versión do mailman que temos en galego é a 2.1.3, pero non está
completa. Ademais, o que está traducido non foi revisado nin certificado
por ninguén.

Cando decidimos implantar o servizo atopámonos co mesmo problema que
comentas. De feito, a tradución non a fixemos nós, senón un grupo da
Universidade de Vigo co que contactamos despois de realizar unha pequena
investigación. Se che interesa podemos pasarche o contacto. Os ficheiros
que nos enviaron eran uns HTML e algún ficheiro "mo" cos que tivemos que
apañarnos machacando os HTML da versión en castelán e facendo algúns
axustes. Isto quere dicir que o que está traducido non se corresponde co
formato do proxecto de internacionalización do mailman, así que non
podemos subilo. Estamos traballando para poñer o que temos nunha
ferramenta de localización Web (entrans) e rematar así o que queda para
poder subir a tradución á páxina oficial.

Saúdos.

J. Arribi

Seguro que esta era a resposta que queria.

Gracias

Ata logo,
                 Leandro Regueiro
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a