On Tue, Jul 31, 2012 at 8:24 PM, Adrián Chaves Fernández
<adriyeticha...@gmail.com> wrote:
> Boas,
>
> Como lle chamades a isto?
>
> http://www.sarahcharlesworth.net/admin/data/6bd65ca3a8f68356db40964581e39c9c.jpg
> http://static.photo.net/attachments/bboard/008/008qjr-18782584.gif
> http://starbrightcreations.com/resources/colors.jpg
>
> Ocorréuseme «grade de cores», pero se existe xa un termo en galego, ou se vos
> ocorre outra alternativa mellor, pois xenial :)

Isto paréceseme sospeitosamente ao «swatches palette» do Inkscape,
onde creo que o traducín como «paleta de mostras». No ficheiro de
tradución viña o comentario «TRANSLATORS: "Swatches" means: color
samples». Estas paletas móstranse na interface de Inkscape como unha
barra cara ao fondo da xanela onde hai unha cantidade inmensa de
cadros onde seleccionar unha cor. Tamén é posíbel mostrar esta "paleta
de mostras" como unha especie de diálogo, que se se pode acoplar.

http://fedora.nicubunu.ro/bluecurve_swatch.png

Espero ter axudado algo.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a