Re: [Wesnoth] 1.6 released (e dúbida: cazarecompensas)

2009-03-23 Conversa Leandro Regueiro
2009/3/22 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Xa saíu!

 E eu c*g*ndome en todo porque aínda non rematei a tradución d'A Lenda de
 Wesmere... En fin, agora a ver se coas mañás dos fins de semana (e algunha 
 tarde
 se non hai moito exame) son quen de tela feita nun mes ou menos, espero que
 antes da 1.6.1

 Polo de pronto xa atopei mentres traducía un erro nun dos escenario (xa
 informei del) e varias faltas nas cadeas orixinais en inglés (ausenza de
 puntos finais a maioría).

 @Leandro: Xa actualizaches as traducións no xogo? Coido que andas liado agora.
 Pero en fin, eu creo confórmome con que fagamos un bo avance na seguinte
 versión estable (1.6.1).

Tranquilo, se non é na seguinte será na próxima.


 @Tradutores do Wesnoth: como levade-las vosas traducións?

 @Todos: como traduzo cazarecompensas (bounty hunters) en galego? En
 principio vouno deixar así.

Non estou seguro de se é correcto. Creo que o escoitei na galega
algunha vez, pero non che estou seguro.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [Wesnoth] 1.6 released (e dúbida: cazarecompensas)

2009-03-23 Conversa Adrián Chaves Fernández

  @Todos: como traduzo cazarecompensas (bounty hunters) en galego? En
  principio vouno deixar así.

 Non estou seguro de se é correcto. Creo que o escoitei na galega
 algunha vez, pero non che estou seguro.

Non a atopo nin no DiGalego, nin no DRAG, nin no VolGa :-(


Re: [Wesnoth] 1.6 released (e dúbida: cazarecompensas)

2009-03-23 Conversa Javier Pico
Bounty = Recompensa
Hunter = Cazador

A única dúbida que eu lle vexo é a de se van unidas (Cazarrecompensas),
separadas con trazo (Caza-recompensas) ou separadas (Cazador de
recompensas).

2009/3/23 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com


   @Todos: como traduzo cazarecompensas (bounty hunters) en galego? En
   principio vouno deixar así.
 
  Non estou seguro de se é correcto. Creo que o escoitei na galega
  algunha vez, pero non che estou seguro.

 Non a atopo nin no DiGalego, nin no DRAG, nin no VolGa :-(


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.