2008/9/15, Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> Ollo, non sei se estades ó corrente: aplicando o merge_all.sh a consola
>  escúpeme isto:

a min non, e aliás os pre-commit hooks non permiten entregar no
repositorio ficheiro po algún que non estexa ben formado.

>  son todos erros por actualizar con Kdesvn ous así o cartafol cos .pos.
Pode ser. O que aconteceu é que había conflitos entre a versión que
tiñas na túa copia local e a do repositorio. Para arranxalo á maneira
fácil:
svn revert gl/docmessages

Á dura podes tirar de kdiff3 (empregando para cada un o *.po.mine o
*.po.rXXXXXX co XXXXXX máis alto, e facendo a fusión en .po

Para non teres de novo este problema, recoméndoche que, a non ser que
exerzas de coordinador, nunca actualices o repositorio <gl>
No canto, actualiza o templates, e fai un ./scripts/merge_all.sh gl

Outra opción, se és coma min, güevon, é obter unha copia do repositorio
svn://anonsvn.kde.org/home/KDE/trunk/l10n-support/gl
(escrebe na barra de enderezos de konqueror tal enderezo)
onde hai un directorio coordinator_helper_scripts
hai (ou vai haber):
trasno_firsttime.sh
anovar.sh
empaquetar.sh
[outros]
axuda.txt

Le axuda.txt, e se che interesa:
cópiaos e executa trasno_firsttime.sh (konsole: bash
/rota/a/trasno_firsttime.sh)
entón, para anovar o único que haberá que facer é "anovar.sh" (xa o
engade á $PATH, se a túa shell é bash).

Nota: estás en probas, pero a min aínda non me escacharráron nada.

Responderlle a