2008/7/10 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>: > Boas, > > Ando preparando datos pro Mércores que ven, para o cursos de verán da UDC e > no que expoño en nome de TRASNO e todo isto. > > Necesitaba, por cuestións máis ben prácticas, unha lista dos equipos de > tradución de GNOME co código de lingua e o estado de tradución actual. > Visitando 'dammed lies' ou algo asi lle chamades os Gnomos, [ > http://l10n.gnome.org/languages/ ] vese un relatorio de linguas rexitradas, > pero non dá máis datos, senón que enlaza a eles. A cousa está en que está > traducida o galego, fantástico, pero eu prefería unha lista en inglés dos > nomes; e non son capáz de facer que a páxina apareza na versión inglesa!. O > dos códigos é por que existen certos continuos lingüísticos bastante > relevantes (coma Persian/Tajick ou Urdu/Hindi) que son nomeados de diferente > maneira en distintos proxectos en función de non sei que criterio, umm. > > Aparte disto, qué piden na l10n de Gnome para que unha lingua saía coa > versión seguinte de Gnome?. En KDE 4.1 van a saír as linguas que teñen as > librerías da kdebase a máis do 75% (+-). Sábense que linguas se incluírán na > próxima versión de Gnome? Eu aquí vexo moi poucas linguas: > http://svn.gnome.org/viewvc/gnome-i18n/trunk/ .
Nin idea. Creo que en Mandriva era do 90% para arriba consideranse soportadas, o resto depende de se son linguas de moitos falantes, ou cousas así. > Ah, nos próximos días hei pasar a presentación que farei nos cursos de verán > para aportedes críticas/suxerencias. Vale, a ver se daquela teño conexión, que me deixaron só ca que hai nos labs da FIC. Ata logo, Leandro Regueiro