No o comentei na anterior, pero deberiades fornecer un contexto de uso. Senón 
as propostas poden ser tan boas como as do Google Translator. Neste caso podo 
dicir que eu empregaría «lapela» en vez de «separador» (foi o que se acordou 
na última Trasnada) e «disparador» en vez de «activador» (aínda que aquí non o 
teño tan claro, nunca escoitara o de «activador» ata o momento).

Porén, da construción non podo dicir moito. Ao mellor «Detectáronse dous 
disparadores de activación de lapela idénticos.» cadra mellor no contexto, 
pero sen coñecelo é difícil dicilo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a