O Luns, 2 de Outubro de 2006 20:47, José Ramom Flores d'as Seixas escribiu:

> * Softcatalá é unha asociación de voluntários, que nunca quixeron receber
> subsídios. Mais os poderes políticos procuraron a sua colaboración, e por
> fin atoparon unha maneira de lles dar diñeiro: con prémios. (Non foi
> evidentemente o noso caso).
>
[...]
> * Sempre tiveron boas relacións cos médios de comunicación, ou sexa son
> famosos.
[...]
> Eu apresentei unha panorámica de localización de software ao galego,
> principalmente por voluntários. Nun anexo envio a apresentación coa que me
> axudei no meu relatório.
>
[...]
> Acho que a miña principal aportazón a esta mesa foi formular unha posíbel
> maneira de colaboración entre as administracións e os proxectos
> voluntários. Asi unha instituizón (Xunta, concellos, universidades,
> empresas, fundacións) poderian colaborar con un proxecto voluntário, como é
> trasno, de duas maneiras:
> i) liberando a algun(s) dos seus traballadores para que adique parte (ou
>  todo) da sua xornada laboral a traballar no proxecto.
> ii) con bolsas para que a xente allea a instituizón, a ser posíbel alguén
> que xa viñera traballando voluntário no proxecto, colabore no dito
> proxecto. Evidentemente tanto aos traballadores da instituizón como ao
> bolseiros pode-se-lle exixir un certo rendimento, cousa que non se pode
> exixir a un voluntário.

Como ainda non estou ao dia no traballo, non teño moito tempo de redactar.

-TRAdutores Sen NOme, mira onde fun aprender de onde viña trasno!
-Resolución de conflitos por competición: que é iso?
-Segundo as ideas por ti expostas, parece que non seria má ideia dispor dunha 
identidade "palpábel" (fiscal) para Trasno, ou algo análogo (cfr. kde vs. kde 
e.V. ou gnome vs. fund. gnome).


-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpIMIFVULkh2.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a