Creo que fas unha lectura con "bos ollos" seguen cos... "diversos" e, só falan de LibO e os seus "accesorios" que foi o tema da túa intervención, se ben o teu aspecto é ben tratado, a presencia de Proxecto Trasno limitase a:
"*... Mar Pereira tamén salientou os resultados conseguidos co Plan de Acción de Fomento do Software Libre posto en marcha en 2010 e puxo de manifesto a importancia do traballo realizado pola Asociación Proxecto Trasno, que vén levando a cabo a tradución ao galego de diversas aplicacións de software libre.*" Polo que entendo que insisten en que o noso traballo é/foi realizado grazas a eles... máis do mesmo. Sobre o da carta, o que diga a maioría, na miña opinión... non. 2011/6/14 Antón Méixome <cert...@certima.net> > Acaba de publicarse un informe de resumo da xornada aquela de Letras > Galegas e Internet > > http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Informe_xornadasgalegas.pdf > > Na miña impresión, o tratamento a Trasno é bastante bo. Mellor que as > descoidadas declaracións da SXMIT. > Con todo, non priva de ser criticable que Trasno non foi efectivametne > convidada. Dá a impresión, pola maneira en que está redactado que > intentan facer pasar a miña intervención como representativa dos múltiples > traballos, cando iso nunca foi asi. > > É unha liña na que hai que traballar máis porque a luz está acendida. > > Propoño que se lles evíe un correo formal e aprobado pola directiva na que > se agradeza a cita e o recoñecemento ao traballo aínda que se manifeste o > disgusto por non ter convidado ningún representante da Asociación. > > Antón > > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > -- /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto