Buf, mi madriña O gráfico 1 é espectacularmente claro respecto da Península Ibérica pero é difícil extraer conclusións porque as relacións teñen que ver con moitos parámetros pero o que máis chama a atención é a asimetría. Ademais só se fala de contidos web (e non correo electrónico, redes sociais ou outras canles realmente moi relevantes)
-individuos bilingües ou sites -asociacións xeográficas -relacións económicas -grupos de inmigrantes ou residentes que manexan linguas de orixe e residencia Hai un grupo pequeno de linguas dominantes ( e as demais Case sempre as relacións en Europa danse en termos de dominancia). O alemán é superdominante. As linguas dominantes non ofrecen correspondencia. As relacións entre os idiomas da PI son singularmente intensas, utilizando o español como punto neutro. As relacións son ata 10 veces máis intensas do común. O asturiano non aparece. Con todo, o galego é o único que mantén conexión co portugués, mentres os demais fano co francés. Curiosamente co español é o francés o que conecta. O galego e o portugués manteñen a mesma relación que entre portugués e español, relacións visibles pero escasas relativamente. Todos os idiomas da PI manteñen unha forte conexión co español, agás o portugués, que ten unha relación regular. O galego forma parte do selectísimo grupo de linguas do mundo que ten a masa crítica suficiente para aparecer na escena internacional. Mantemos o mesmo nivel de interlocución directa co inglés que o catalán ou o alemán. O 75% das linguas nacionais son invisibles para o inglés. Ou dito doutra maneira, os sitios en inglés non necesitan consultar contidos noutros idiomas, están ensimesmados :-D O portugués recibe a metade de referencias do inglés que o español. Relacións: - As relacións directas entre linguas europeas son menos numerosas que entre estas e o inglés. O inglés aumenta cada vez máis o seu papel de lingua internacional. - As relacións entre linguas ibéricas son moi relevantes pero non son directas senón a través do castelán, que non actúa como unha lingua máis senón como dominante e introvertida. - O galego é a única lingua peninsular conectada co portugués, pouco, pero tampouco hai suficiente correspondencia, xa que quizais se faga a través do castelán - O peso do galego na PI. De menos a máis: (asturiano), vasco, galego, catalán, portugués, español. As linguas por debaixo do catalán están minorizadas na súa propia sociedade. O galego ten un peso superior ao que lle corresponde por falantes, o vasco aínda máis. Estratexias - Cómpre manter e aumentar as vinculacións directas co inglés, dado o seu carácter de lingua ponte ao ámbito internacional - Sería interesante crear unha vinculación co alemán como lingua central europea e igualar a conexión co francés que manteñen as demais - Cómpre crear vinculacións directas coas demais linguas peninsulares (catalán, éuscaro, ...), manter ou reforzar co portugués e lograr unha correspondencia significativa por parte do español e do portugués. Conclusión: Moito por facer, sobre todo, moito prexuízo por romper 2011/7/9 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> > Seguro que máis dun obtén conclusións interesantes, non si Antón? > http://googleresearch.blogspot.com/2011/07/languages-of-world-wide-web.html > > -- > /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos > _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011 > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto