Re: Motor de busca no Volga

2012-04-14 Conversa Antón Méixome
Home, para quen o sabía, como Furagaitas o 2 de abril, claro. Quen avisou?

Se o buscabas aparecía isto
http://www.realacademiagalega.org/volga/

Sen máis noticia
http://www.realacademiagalega.org/recursos

Ao coincidir coa aparición do novo web e dicionario daba para pensar
que o facían desaparecer ao consideralo integrado no DRAG, pero é que
a utilidade do Volg é diferente porque permite cousas que o dicionario
non.

Agora, a posteriori, creo entender que o enderezo que mantiveron foi outro
http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg

Ademais fixéronlle un cambio de look, e supoño que de código e
entradas, bastante considerable respecto da versión que estaba en liña
desde o 2004. Antes era do ILG (Instituto da Lingua Galega) e agora da
RAG.

Un cambio de letra, así polas boas que levanta moitas carencias, non?
Se podemos facer algo útil polos usuarios do idioma, aínda que sexa
pequeno, mellor que protestar, prefiro facer. Sobre todo porque iso dá
esperanza

E respecto da "oportunidade" do propio motor busca:
- o que fixera damufo xa non se podía instalar (por perda)
- o que hai listado en Mycroft feito por "volganiano" podes probalo e
verás o resultado... Ese foi o meu punto de partida.
- creo que non había ningún na páxina propia de Mozilla. O único que
temos aí funcionando moi ben é o Corrector

https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/?src=search
(acaba de levarme outra vez case 20 minutos atopalo, por culpa do
buscador de Mozilla.org. Mecagoen to!)

Ah, e non se poden "actualizar ou modificar" hai que facelos
directamente novos. O código que antes funcionaba agora non valía
simplemente con cambiar o enderezo base. Houbo que refacer os
parámetros e pódoche asegurar que me levou toda unha tarde encontrar o
modo. Non hai máis que comparar ambos.

Pero é que o propio código que xera o MyCroft Project, baseado no
estándar OpenSearch  tampouco valida en Mozilla para poder presentar o
engadido ao público na páxina de add-on. O de facelo para descargalo
de Mycroft é demasiado "friki" para o meu gusto. Outra tortura ata
facelo andar... e a todo isto con evidentes deficiencias da propia
plataforma de add-ons que xa comentamos noutro fío hai uns días.

Para ver todos os motores libres que hai:
http://mycroft.mozdev.org/search-engines.html?language=gl
Habería que ver cantos funcionan a día de hoxe, sendo optimistas, a metade?

En add-ons hai outro, que está invalidado actualmente para Firefox 11
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/dicionarios-de-galego/?src=cb-dl-users


El día 14 de abril de 2012 18:06, Adrián Chaves Fernández
 escribió:
> O Sábado, 14 de Abril de 2012 17:55:57 Antón Méixome escribiu:
>> Volve a estar dispoñible o Volga no novo web da RAG
>>
>> Estraño enderezo, non?
>>
>> http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg#http://www.realacademiagaleg
>
> http://www.realacademiagalega.org/Volga/index.jsp
>
> E cando deixou de estar dispoñible? Que eu saiba simplemente cambiaron unha
> letra do enderezo:
> http://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=Axuda%3AFontes&diff=18&oldid=444261
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Motor de busca no Volga

2012-04-14 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Sábado, 14 de Abril de 2012 17:55:57 Antón Méixome escribiu:
> Volve a estar dispoñible o Volga no novo web da RAG
> 
> Estraño enderezo, non?
> 
> http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg#http://www.realacademiagaleg

http://www.realacademiagalega.org/Volga/index.jsp

E cando deixou de estar dispoñible? Que eu saiba simplemente cambiaron unha 
letra do enderezo: 
http://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=Axuda%3AFontes&diff=18&oldid=444261
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto