Home, para quen o sabía, como Furagaitas o 2 de abril, claro. Quen avisou?
Se o buscabas aparecía isto http://www.realacademiagalega.org/volga/ Sen máis noticia http://www.realacademiagalega.org/recursos Ao coincidir coa aparición do novo web e dicionario daba para pensar que o facían desaparecer ao consideralo integrado no DRAG, pero é que a utilidade do Volg é diferente porque permite cousas que o dicionario non. Agora, a posteriori, creo entender que o enderezo que mantiveron foi outro http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg Ademais fixéronlle un cambio de look, e supoño que de código e entradas, bastante considerable respecto da versión que estaba en liña desde o 2004. Antes era do ILG (Instituto da Lingua Galega) e agora da RAG. Un cambio de letra, así polas boas que levanta moitas carencias, non? Se podemos facer algo útil polos usuarios do idioma, aínda que sexa pequeno, mellor que protestar, prefiro facer. Sobre todo porque iso dá esperanza E respecto da "oportunidade" do propio motor busca: - o que fixera damufo xa non se podía instalar (por perda) - o que hai listado en Mycroft feito por "volganiano" podes probalo e verás o resultado... Ese foi o meu punto de partida. - creo que non había ningún na páxina propia de Mozilla. O único que temos aí funcionando moi ben é o Corrector https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/?src=search (acaba de levarme outra vez case 20 minutos atopalo, por culpa do buscador de Mozilla.org. Mecagoen to!) Ah, e non se poden "actualizar ou modificar" hai que facelos directamente novos. O código que antes funcionaba agora non valía simplemente con cambiar o enderezo base. Houbo que refacer os parámetros e pódoche asegurar que me levou toda unha tarde encontrar o modo. Non hai máis que comparar ambos. Pero é que o propio código que xera o MyCroft Project, baseado no estándar OpenSearch tampouco valida en Mozilla para poder presentar o engadido ao público na páxina de add-on. O de facelo para descargalo de Mycroft é demasiado "friki" para o meu gusto. Outra tortura ata facelo andar... e a todo isto con evidentes deficiencias da propia plataforma de add-ons que xa comentamos noutro fío hai uns días. Para ver todos os motores libres que hai: http://mycroft.mozdev.org/search-engines.html?language=gl Habería que ver cantos funcionan a día de hoxe, sendo optimistas, a metade? En add-ons hai outro, que está invalidado actualmente para Firefox 11 https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/dicionarios-de-galego/?src=cb-dl-users El día 14 de abril de 2012 18:06, Adrián Chaves Fernández <[email protected]> escribió: > O Sábado, 14 de Abril de 2012 17:55:57 Antón Méixome escribiu: >> Volve a estar dispoñible o Volga no novo web da RAG >> >> Estraño enderezo, non? >> >> http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg#http://www.realacademiagaleg > > http://www.realacademiagalega.org/Volga/index.jsp > > E cando deixou de estar dispoñible? Que eu saiba simplemente cambiaron unha > letra do enderezo: > http://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=Axuda%3AFontes&diff=444418&oldid=444261 _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

