O Luns, 9 de Outubro de 2006 12:40, Xoán Fernández escribiu:
> Mancomun.org, Iniciativa Galega Polo Software Libre, foi convidado a
> participar cun stand  propio nos X Encontros de Normalización
> Lingüística que terán lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de
> Compostela os días 26 e 27 deste mes.
Xoves e venres, días laborábeis, non hei poder ir.

>[...]
> Dadas as características do noso proxecto cremos imprescindible que onda
> nós estean os grupos de usuarios de Linux e, por suposto, iniciativas
> como a vosa enfocadas cara a localización de software e a tradución. Por
> iso gustaríanos saber se estaríades interesados en acompañarnos no stand
> e así poder difundir as vosas actividades.

Por min non hai problema en que vaia algun dos habituais a explicar o 
funcionamento e tentar liar a alguén para que se anime a traducir cousas 
novas / normativizar / verificar o feito.

> Este correo é simplemente para saber se vos interesa e a vosa
> dispoñibilidade. Podedes indicarnos tamén se ides precisar dalgún
> material específico ou se tedes algunha idea para o stand.
Este verao pasado uns rapaces de Foz prepararom unha party, daquela preparara 
unha apresentación explicando dun xeito moi superficial de que ia isto da 
tradución do software libre, que non chegou a ser usada. Dá para uns 10 
minutos, e é moi breve e  incompleta, ademais centra-se moito nos ficheiros e 
pouco nas ferramentas. Se tal podedes dispor dela (a licenza é 
fce-oqcsdc-edamfom).
Se preparasedes uns trípticos onde se referencie a trasno, estaria chachi.
Enviai fotos ;-)

-- 
Best Regards
MV
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpoW0awa5SvA.pgp
Description: PGP signature

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a