O Venres 08 de Outubro de 2004 ás 23:53, Anxo dicía:

>Boas a todos, poderíame dicir algén como poñe-lo gnome desktop en galego
>nunha Debian Sarge, se é que se pode. Gracias

        Non é difícil:

1) Comproba que tes o locale galego instalado, executando como root:

        dpkg-reconfigure locales

2) No xestor de inicio de sesión (o gdm, o que che pide o nome de usuario e
   a clave), debes ter un menú que di "lingua" (ou idioma, ou language,
   dependendo da túa lingua actual). Aí deixarache escoller unha das
   linguas que configuraches antes no paquete locales.  Só tes que escoller
   o galego e cando vaias iniciar GNOME xa che preguntará se queres usalo
   como lingua definitiva ou só para esa sesión.

        Claro, que na versión de GNOME actual (sexa a 2.6.2 ou a 2.8.0),
aínda non está moi avanzada a tradución a galego.  Para a 2.8.1 xa estará
bastante mellor, e para a 2.10 aínda máis.  Xa avisarei na lista cando haxa
un progreso significativo :)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a