>O día 29/Sep/1999, Julio jose Gomez Diaz escribía:
>
>> O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar 
>
>       Ben, pero pódese pensar tamén que ese tipo de expresións non teñen moito
>lugar no galego :-) Quero dicir que o uso de "i" ven moitas veces dado por usar
>expresións castelás, e non galegas. Por exemplo: o que ti dis aí quedaría 
>mellor
>dito como "E ben bo que che era".

        Non estou de acordo en que __neste__ caso o significado sexa idéntico.
>
>       Aínda así, que se tome isto só coma unha opinión, non como un dato
>científico :-) Eu creo que antes de usar "i" (que non escoito nunca na boca dos
>meus parentes máis galego falantes, que levan falando galego desde sempre e que
>son os que eu tomo de referencia nisto :-)) o que se debería facer é buscar
>outras expresións máis acordes co galego. Repito: opinión personal :-)

        Totalmente de acordo en todo o parágrafo, tanto no de cales son 
as referencias a tomar, e no de non facer traduccións automáticas senon
cambio de expresións e de construccións gramaticais mesmo. Unha traducción 
palabra a palabra entendémola por que entendemos o español ou somos
falantes en castelán, para un galego falante aínda que a entenda non a
percibe como pertencente á propia fala.

        Coincido contigo.

Un saúdo.


--
####################################
#            X. X. G. D.           #
# (Phoenix sp.)->(Bubo oficcinalis)#
# e-mail: infjg...@ucv.udc.es      #
#         Outro.: xu...@usa.net    #
#         http://capoeira.tsx.org  #
####################################


--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a