Re: Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)

1999-09-30 Conversa Julio jose Gomez Diaz
>O día 29/Sep/1999, Julio jose Gomez Diaz escribía:
>
>> O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar 
>
>   Ben, pero pódese pensar tamén que ese tipo de expresións non teñen moito
>lugar no galego :-) Quero dicir que o uso de "i" ven moitas veces dado por usar
>expresións castelás, e non galegas. Por exemplo: o que ti dis aí quedaría 
>mellor
>dito como "E ben bo que che era".

Non estou de acordo en que __neste__ caso o significado sexa idéntico.
>
>   Aínda así, que se tome isto só coma unha opinión, non como un dato
>científico :-) Eu creo que antes de usar "i" (que non escoito nunca na boca dos
>meus parentes máis galego falantes, que levan falando galego desde sempre e que
>son os que eu tomo de referencia nisto :-)) o que se debería facer é buscar
>outras expresións máis acordes co galego. Repito: opinión personal :-)

Totalmente de acordo en todo o parágrafo, tanto no de cales son 
as referencias a tomar, e no de non facer traduccións automáticas senon
cambio de expresións e de construccións gramaticais mesmo. Unha traducción 
palabra a palabra entendémola por que entendemos o español ou somos
falantes en castelán, para un galego falante aínda que a entenda non a
percibe como pertencente á propia fala.

Coincido contigo.

Un saúdo.


--

#X. X. G. D.   #
# (Phoenix sp.)->(Bubo oficcinalis)#
# e-mail: infjg...@ucv.udc.es  #
# Outro.: xu...@usa.net#
# http://capoeira.tsx.org  #



--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)

1999-09-30 Conversa Roberto Suarez Soto
O día 29/Sep/1999, Julio jose Gomez Diaz escribía:

> O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar 

Ben, pero pódese pensar tamén que ese tipo de expresións non teñen moito
lugar no galego :-) Quero dicir que o uso de "i" ven moitas veces dado por usar
expresións castelás, e non galegas. Por exemplo: o que ti dis aí quedaría mellor
dito como "E ben bo que che era".

Aínda así, que se tome isto só coma unha opinión, non como un dato
científico :-) Eu creo que antes de usar "i" (que non escoito nunca na boca dos
meus parentes máis galego falantes, que levan falando galego desde sempre e que
son os que eu tomo de referencia nisto :-)) o que se debería facer é buscar
outras expresións máis acordes co galego. Repito: opinión personal :-)

-- 
   Roberto Suarez Soto   ·   Clean my wounds
   ask...@bigfoot.com·  Wash away all fear
Corgo/Lugo/Galicia/Spain · Let courage be mine
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)

1999-09-29 Conversa Xaquin Lores Torres


On Wed, 29 Sep 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote:

> O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar 
> ó feito de en español dicir "el agua" en vez de "la agua", que non e un 
> sustantivo
> masculino, senon que emprega o artigo masculino para evitar a superposición 
> dos
> fonemas, por eso penso que aínda que diga "graficamente representarase sempre 
> como e"
> debería dicir explicitamente "aínda que na fala estea permitido empregar i",
> que supoño que non o di.

Ben, non son filologo, pero a min ensinaronme que en galego o e non fai 
cacofonía. Transcribo toda a entrada:

i,conx.e. A conxuncion copulativa galega é sempre e. Dialectalmente 
existen duas áreas con estas realizacións fonéticas: unha con /E/ aberto 
sempre e outra con /E/ aberto diante de consoante e con semiconsoante /j/ 
diante de vocal distinta de /i/. Ambolos dous tipos de pronuncias son 
válidos pero é totalmente inadmisible a realización como /i/ vocálico en 
todalas posicións propia de algúns neofalantes e de pronuncias esnobistas.
Graficamente representarémola sempre e, mesmo nos casos en que precede as 
vocais anteditas, tal como prescriben as normas académicas. (...sigue con 
detalles).


> >Por certo este dicc. é moi recomendable.
> >
> 
> Supoño que para empregar a regla oficial como un fanático si.

¿Estas decindo que son fanático? 

Aportei este dato porque o tiña a man, e porque o libro en cuestion 
merece consideracion porque non so se dedica a poñer a caldo ós lusistas 
senon que en moitos casos aporta informacion util a todos (incluidos 
estes ultimos).

Agora acabo de consultar o dicc. de Estravís, outra fonte digna de 
respeto, ainda que peque do contrario, e non recolle o i como conxunción 
copulativa.
E de paso mirei tamen o dicc. portugués/español da Porto Ed. e tampouco 
recolle este uso do i.

E sacando algo positivo de todo esto, que tal si alguén, por exemplo eu, 
ou mellor, si varios, se deican a recopilar fontes que poidan ser de 
utilidade, con comentarios que permitan un uso racional (quero decir 
poñer en claro de que pe coxean) :-)

Xaquin
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)

1999-09-29 Conversa Julio jose Gomez Diaz
>Respecto das dubidas linguísticas: 

>>  (Xa que estamos, outra dúbida.  ¿Cando hai que poñer "i" no lugar
>> de "e"? ¿Algunha vez, nunca?)
>
>Sacado do Dicc. de dúbidas da lingua (galaxia) 
>
>i: a conxunción copulativa é sempre e.(...) Graficamente representaremola 
>sempre e, ...
>

O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar 
ó feito de en español dicir "el agua" en vez de "la agua", que non e un 
sustantivo
masculino, senon que emprega o artigo masculino para evitar a superposición dos
fonemas, por eso penso que aínda que diga "graficamente representarase sempre 
como e"
debería dicir explicitamente "aínda que na fala estea permitido empregar i",
que supoño que non o di.

>Por certo este dicc. é moi recomendable.
>

Supoño que para empregar a regla oficial como un fanático si.


--

#X. X. G. D.   #
# (Phoenix sp.)->(Bubo oficcinalis)#
# e-mail: infjg...@ucv.udc.es  #
# Outro.: xu...@usa.net#
# http://capoeira.tsx.org  #



--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe