Re: Skype

2014-03-19 Conversa Miguel Branco
Ups, unha web en flash e descarga en formato .rar?...

Eu a traducir, escollería algún aplicativo con soporte para skype. Non o
mirei moito, pero hai algún plugin para Pidgin ( http://eion.robbmob.com/).
Inda que os que usedes o skype, animaríavos a traducir, como suxire Marcos,
nese proxecto de transifex.


2014-03-19 1:50 GMT+01:00 Martiño :

> Skype xa o viñan traducindo ao galego nesta páxina:
> http://galtradu.wix.com/skypegal
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Skype

2009-02-25 Conversa Leandro Regueiro
On Sun, Feb 22, 2009 at 7:19 PM, Adrián Chaves Fernández
 wrote:
>> Se alguén de Trasno considera que non se debe empregar a lista para
>> traducións que non son software libre que o diga, por favor.
>
> Eu considero ;-)
>
> Pero que carallo, imaxino que a tradución en si ven sendo libre :-)

Psi, pero a veces para que che acepten metela tes que renunciar a
certas cousas en favor deles, o que lles permite facer que non sexa
libre, ata onde eu entendo.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: Skype

2009-02-22 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Se alguén de Trasno considera que non se debe empregar a lista para
> traducións que non son software libre que o diga, por favor.

Eu considero ;-)

Pero que carallo, imaxino que a tradución en si ven sendo libre :-)

Saúdos!


Re: Skype

2009-02-22 Conversa Antón Méixome

Adrián Chaves Fernández escribiu:

Alguén utiliza Skype en gnu/linux. Estou acabando de traducilo e
gustariame compartilo. Xa sei que non é software libre pero eu utilízoo.

Antón



Eu! Utilízoo máis que nada porque os meus amigos son preguiceiros de máis pra  
instala-lo Ekiga (abrir portos e esas cousas). Avisa cando o teñas!


Un saúdo!
  

Ola Adrián.

Aí che vai. Se encontras algo que corrixir, avísame.

En Ubuntu, hai que metelo en

/usr/share/skype/lang

E logo renomear os ficheiros como se fosen doutro idioma, por exemplo

skype_ro.ts
skype_ro.qm

Porque Skype non colle un "novo idioma" de modo automático. Se a 
tradución está ben intentarei enviarlla aos de Skype para que metan o 
galego como opción para a versión de Linux.


Antón Méixome


P.S.
Bué, hoxe parece que estou de sorte, ata me comezou a funcionar a cámara 
web con el (unha microdia).
Se alguén de Trasno considera que non se debe empregar a lista para 
traducións que non son software libre que o diga, por favor.








skype_gl_es.qm
Description: Binary data


skype_gl_es.ts
Description: application/linguist


Re: Skype

2009-02-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Alguén utiliza Skype en gnu/linux. Estou acabando de traducilo e
> gustariame compartilo. Xa sei que non é software libre pero eu utilízoo.
>
> Antón

Eu! Utilízoo máis que nada porque os meus amigos son preguiceiros de máis pra 
instala-lo Ekiga (abrir portos e esas cousas). Avisa cando o teñas!

Un saúdo!