O 16 xuño 2016 08:57, Xusto Rodríguez <xusto.rodrig...@usc.es> escribiu: > Ola, > > > > Alguén sabe se existe algún espazo web que compile, organice e clasifique o > software localizado ao galego, con independencia de se é libre ou > propietario? Algo semellante á sección de “Recursos” de Softcatalà, para > entendérmonos.
Estiven mirando rápido por aí, e parece que todos os sitios que tiña localizados hai anos están desaparecidos. Eran sobre todo listas de freeware para Windows. Quizais aínda haxa algunha ligazón utilizable en http://engalego.blogspot.com.es/ > Se non existe, credes que sería interesante crealo? E factible cos recursos > dispoñibles na comunidade? Si, sería factible. E quizais sexa interesante. A dúbida actual é se hai recursos humanos suficientes. O certo é que durante anos nunca nos preocupou, porque ao traducirmos software libre este estaba automaticamente dispoñíbel ao instalar calquera distribución en galego, e polo tanto confeccionar e manter un catálogo nunca nos pareceu unha prioridade. Polo menos non desde o punto de vista dos usuarios, aínda que si se mantiveron algunhas listas no pasado para facilitarlle aos tradutores atopar onde traducir. Ultimamente tense discutido sobre a conveniencia de facelo para os usuarios de outros sistemas operativos, xa que non teñen a opción de instalar o seu SO en galego e ter directamente acceso a unha manchea de software en galego sen terse que matar a buscalo ex profeso pola web adiante. Pero os recursos humanos son os que hai. Se alguén máis se apunta entón poderíase considerar poñerse a elo. Deica > Xusto Rodríguez > > Servizo de Normalización Lingüística > > Universidade de Santiago de Compostela > > Correo el. xusto.rodrig...@usc.es > Tfno.: 9828 23582 > > > > > _______________________________________________ > proxecto mailing list > proxecto@trasno.net > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto > _______________________________________________ proxecto mailing list proxecto@trasno.net http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto