Wed, Mar 22, 2000 at 11:55:40AM +0100, Ramón Flores d'as Seixas escribiu:

>> Aí difiro, coido q a única solución polo de agora viable pra rematarmos 
>> tendo material en galego abondo é manter unha única normativa, ou sexa, 
>> imaxinádevos utilizar o bash en galego normativo e ó ir a mirar a páxina man 
>> atopala en portugués (perdón en reintegracionista ;), penso q é o máis 
>> productivo e é innegable que hai un galego oficial (sen entrar en 
>> discordias) e que a lectura do reintegrado (aínda que non esixe unha 
>> iniciación) élle estrana a moita xente, ¿non credes?
>
>Para que sexa ese lugar de encontro, e non de desencontro, actitudes como a
>anterior (temos de usar unha única normativa, que ademáis é a que a min me
>peta), deberian evitar-se no máis posíbel.

        Xa hai tempo que falamos disto nas listas de gpul e gzlinux.  A
solución que propuxen eu é recoller tódalas traduccións a tódalas
normativas (como di Ramón), pero manter a oficial como "estándar", para
evitar esa mestura de diferentes normativas que non é nada boa (como di
Nuno).

        O xeito de distinguilas faise con engadidos ó código da lingua.
Serían máis ou menos así:

Galego normativo:               gl
Reintegracionista de mínimos:   gl@minimos
Reintegracionista AGAL:         gl@agal ou pt_ES
Lusista:                        pt_ES

        Ramón dixo que preferiría usar pt_GZ, pero penso que iso non é
posible, xa que non é un código que exista (eses códigos están baseados nun
estándar ISO)

        Tamén habería que se preguntar se unha denominación pt_ES cabería
nun proxecto chamado "Linux en Galego". :-)))

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

Responderlle a