Veño de deixar en http://trasno.net/mozilla/ a traducción de Mozilla Thunderbird 0.3 . Desfrutádea.
As instruccións para a instalación tradúzovolas do sitio web de Mozilla: Importante: Os paquetes de idioma hai que descargalos localmente e despois abrilos en Mozilla Thunderbird. Se empregas un navegador compatible con Gecko, NON premas directamente na ligazón, xa que iso ha facer que se instale o paquete no navegador, no canto de en Mozilla Thunderbird. Para traduci-la interface de usuario ao teu idioma preferido: 1. Preme co botón da dereita na ligazón do paquete de idioma e escolle o elemento do menú contextual para descarga-lo ficheiro ligado (ou preme co botón esquerdo mentres tés premido o botón de maiúsculas no teclado). 2. En Mozilla Thunderbird, no menú, escolle Tools | Options | Extensións. Preme en «Get New Extensions» e busca o ficheiro .XPI que acabas de descargar. 3. Cando a instalación estea completa, reinicia o programa dende a liña de ordes, engadindo os seguintes parámetros: thunderbird -UILocale gl-ES -- Tarrío (Compostela) _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno