Teño unha idea para estas palabras, polo menos no contexto dos xogos: Turno → nada, non é normativa. Quenda → "turno" de cada xogador. Rolda → Conxunto de quendas. É dicir, en cada rolda sucédese unha quenda de cada xogador.
É dicir, nos xogos de estratexia por roldas, en cada rolda o xogador move na súa quenda. Non sei se se me entendeu ben, pero en caso afirmativo: opinade. Un saúdo!