Antón Méixome escribiu:
> Preferir "programa" non é a solución é aí está a cuestión. Non é o
> mesmo o uso como palabra coloquial ou común que como termo.
> 
> aplicación, aplicativo, programa, instrución, orde, script ... son
> palabras relacionadas pero débese delimitar ben o seu uso técnico.
> 
> No uso coloquial claro que son sinónimos aplicativo, aplicación e
> programa pero no técnico non.
> 
> Pego aquí un exemplo que atopei relacionado con aplicación/aplicativo:
> 
> "En /CESGA// //Summer School/ mostraranse os usos actuais da
> computación e a simulación en supercomputadores en diversas
> aplicacións como matemáticas, biomedicina e nanotecnoloxía."
> 
> Creo que é evidente que non sempre se pode intercambiar
> aplicación/aplicativo/programa. Os sinónimos son intercambiábeis. Por
> tanto, son palabras diferentes e considero como de máis calidade
> darlle preferencia á máis exacta nas traducións. Por exemplo,
> "programa" é unha lista de instrucións para unha máquina, non ten nin
> sequera que ser un computador. De feito por algo se di o de "programa
> de computador/ordenador" non ?
> 
> Distingamos uso coloquial, informal e tradución técnica porque senón
> non hai maneira.
> 
Paréceme acertada a explicación.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a