Boas: Antón Méixome escribiu: > 2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: >>> Adrián Chaves Fernández escribiu: >>>>>> Pois iso, suxiro: podería ser "soporte na Internet" >>>>> eu poría interné (como carnet->carné) >>>> Eu poría "soporte na rede" ou "soporte na internet" (stop->stop) >>> INMO >>> Stop->alto, parar..., outra cousa é a simbolxía internacional. >>> Eu tendo as formas regulares, será porque teño mala memoria e éme máis >>> doado aprender regras xerais que casos concretos. ¿? >>> Cousas como: licenza, diferenza, graza... preferencia???? Rompemme!! =( >> Falando de regras xerais, cústame crer que haxa máis exemplos de «-za» que de >> «-cia». Pero certamente non o sei. Case sempre recurro ao dicionario para >> saber en que caso estou. >> > > Que va, o normal é -cia, os casos de -za son contados (un feixe pero > fixos e que están moi documentados na historia da lingua). Quero dicir > que se tes que crear unha palabra nova faralo con -cia e non con -za, > este último está digamos "conxelado" - falo da Normativa oficial, > claro-. E si, eu tamén vou ao dicionario porque o léxico patrimonial é > casuístico. > > Non ten nada que ver o caso de carné (< fr. carnet, "caderno") co da > Internet (en. Internet "inter rede" ), nin en orixe, nin na súa > presencia entre nós. "Internet" é un nome propio, non un substantivo > común - por iso debe escribirse con maiúscula-. No futuro seguro que > se "normaliza" pero aínda non. O que moita xente non sabe é que > escribir *carnet en castelán non é correcto. E que en galego tamén se > di "balé" (< fr. ballet). Se admitimos "interné", porque non > "internés"?... > Grazas pola aclaración. Así da gusto.
-- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
