-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Felipe Gil Castiñeira escribiu: > Boas! > > Concordo totalmente con vós: o grupo catalán é un dos mellor montados > (hai que ter en conta que Carlos Perelló e Jordi Mallach, que son > membros do equipo de tradución ao catalán, estiveron ao cargo de > Launchpad desde o principio). Vamos que eu buscaba axuda interna de ubuntu e fun dar co mellor do mellor. Cool!
> Por outro lado respecto á coordinación estiven agardando a resposta > afirmativa de Fran, que finalmente se produciu esta fin de semana, para > propoñer como "Consello do grupo de tradutores de Ubuntu ao galego" ao > seguinte equipo (orde alfabética): > > * Miguel Bouzada > * Fran Diéguez > * Antón Meixome > * Eu mesmo (polo menos para botar unha man agora ao principio) Eu pensaba que había eleccións, por iso de que non nos reprochen que isto é unha asignación a dedo. > > Se non hai ningunha outra proposta, este equipo pasaría a ter tódalas > funcións de coordinación dentro do "Grupo de tradutores de Ubuntu ao > galego". > > Un saúdo! > Felipe. > > P.S.: Fran: non che puiden responder ata agora, porque me pillas en > pleno traslado de país. Nese sentido ata dentro de algo máis dunha > semana non sei cando/como poderei ler o correo. Agardo que non nos abandones Felipe, sería unha mágoa perder a un gran baluarte. Coido que nesta semana podemos ir mirando o tema de reunir un pouco de documentación na Wiki. Se non vos importa vou a mirar como a teñen outros grupos e recoller o mellor de cada un e "plaxiar"/traducir ao galego. Coido que deberiamos darlle un pulo a ubuntuengalego.org (Felipe que CMS empregas?), cicáis metendolle un tema como o que fixemos en www.usc.es/osl/ubuntu misturado con http://www.ubuntu.cat/ (agora é cando precisabamos un ubuntu.gal , mecaginá). Por certo coido que hoxe instalando unha RC vin un fallo no slideshow da instalación: "na cortorno". Saúdos - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - [email protected] GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrl4KUACgkQmLtmJqKk+bgVkwCfbDC8WjVPoaGZkSmtPjmqZsba EeUAoIsZsQTRImBx1F0gGU1sohuZqMhn =Q4K3 -----END PGP SIGNATURE----- -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
