Suso, tes toda a razón no do Código de Conducta, e debemos aplicárnola en primeira instancia a nós mesmos, sobre todo o "Be respectful"...
Máis non tomes as correcións como ataques, a correción de Keko vai con todo o bo sentido do mundo. Todo sexa por mellorar a tradución. Saúdos. > > Tal como se sinala no Código de Conducta de Ubuntu [1], debemos ser > respeitosos co traballo dos demais e fomentar a colaboración entre > proxectos, dentro e fora de Ubuntu, evitando as confrontacións persoais. > > Pídenme en correo privado que, como coordenador oficial da galeguización > de Mozilla, resposte a esta mensaxe pedindo respeito para o noso traballo > -que é tan falibel como o dos demais- e ofrecendo toda a colaboración por > parte nosa para resolver calquera posibel incidencia. > > Queda feito pois ese ofrecemento á colaboración, que de feito vou extender > ofrecendo mesmo a coordenación oficial da equipa de galeguización de > Mozilla pois, como algúns saberedes, veño de propoñer ser relevado dise rol > por outra persona[2]. Esto non só vos permitiría integrar no binario oficial > os cambios precisos mais tamén sería un xeito positivo de tornar construtiva > esa crítica destrutiva que só consigue enfrentar e dividir a unha comunidade > que debería permanecer sempre unida. > > Convido pois ao remitente desa mensaxe, a Keko así como a calquera outra > persona que quixera asumir a coordenación da galeguización de Mozilla a > candidatarse con só avisar na rolda oficial: [email protected] > > Saúdos, > > [1] http://www.ubuntu.com/community/conduct > [2] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
