Ola a t...@s. Eu estou a facer unha revisión de Firefox, da cal hai xente que está ao tanto e agora comento algún detalle máis:
A revisión xorde porque a próxima versión de Ubuntu é unha LTS e nos desde a Oficina vamos a realizar a correspondente adaptación a universidade para que se implante nas aulas para o vindeiro curso. Debido a isto queremos que a localización ao galego sexa o máis homoxénea posible e por iso no noso plano de actuacións para o ano 2010 así temos planificadas as colaboracións coa comunidade e o noso papel dentro de cada proxecto. A revisión de Firefox non ía ser unha revisión, se non simplemente unha comprobación do estado da tradución, pero debido a que encontramos unha tradución que non integraba ben con GNOME e coa futura tradución de Ubuntu, decidiuse facer dita revisión-modificación. Desta revisión sairá un informe que será enviado ao coordinaador e ao equipo de tradución ao galego do Firefox para que sepan do traballo realizado e que decidan segundo o seu criterio se queren aproveitar o traballo realizado pola OSL. Tamén será enviado dito informe ao equipo de Ubuntu. En calquera caso a OSL si que incluirá a súa revisión na nova versión da Ubuntu-USC para obter unha mellor integración co resto de traducións que formen parte da mesma. En ningún momento se pretendeu ser irrespectuoso co traballo de ningún tradutor nin con ningunha comunidade. Anteriormente, Suso como coordinador do Firefox, xa recibiu aviso do traballo que se estaba realizando e se lle ofreceu por se o consideraban útil para aproveitalo. A revisión por agora so abarca ao ficheiro firefox-3.6 e queda pendente de realizar o traballo no ficheiro xulrunner. O informe da primeira parte xa está cociñado e a falta duns flecos, en breve será enviado a quen corresponde e se non hai inconvinte farase público nesta lista. Saúdos. 2010/3/3 Fran Dieguez <[email protected]>: > Suso, > > tes toda a razón no do Código de Conducta, e debemos aplicárnola en > primeira instancia a nós mesmos, sobre todo o "Be respectful"... > > Máis non tomes as correcións como ataques, a correción de Keko vai con > todo o bo sentido do mundo. Todo sexa por mellorar a tradución. > > Saúdos. > >> >> Tal como se sinala no Código de Conducta de Ubuntu [1], debemos ser >> respeitosos co traballo dos demais e fomentar a colaboración entre >> proxectos, dentro e fora de Ubuntu, evitando as confrontacións persoais. >> >> Pídenme en correo privado que, como coordenador oficial da galeguización >> de Mozilla, resposte a esta mensaxe pedindo respeito para o noso traballo >> -que é tan falibel como o dos demais- e ofrecendo toda a colaboración por >> parte nosa para resolver calquera posibel incidencia. >> >> Queda feito pois ese ofrecemento á colaboración, que de feito vou extender >> ofrecendo mesmo a coordenación oficial da equipa de galeguización de >> Mozilla pois, como algúns saberedes, veño de propoñer ser relevado dise rol >> por outra persona[2]. Esto non só vos permitiría integrar no binario oficial >> os cambios precisos mais tamén sería un xeito positivo de tornar construtiva >> esa crítica destrutiva que só consigue enfrentar e dividir a unha comunidade >> que debería permanecer sempre unida. >> >> Convido pois ao remitente desa mensaxe, a Keko así como a calquera outra >> persona que quixera asumir a coordenación da galeguización de Mozilla a >> candidatarse con só avisar na rolda oficial: [email protected] >> >> Saúdos, >> >> [1] http://www.ubuntu.com/community/conduct >> [2] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html >> > > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
